26 de mar. de 2020

QUÉDATE NA TÚA CASA:7ºproposta

Hai alguén por aí.......?

Nós aquí estamos a carón de vós, tentando manter un fío de comunicación coa xentiña do Ribeiro. Un fío multicor feito por todas as persoas que están en contacto a través do blog, ou ben desde o seu xogos, desde as súas investigacións, as súas aventuras, os seus risos......Cada persoa é un universo diferente, cunha realidade propia que ten un lugar asegurado entre nós.

Está alguén a facer o calendario? Pois hoxe é o día adicado ao planeta Xúpiter. Alguén xa coñece os versos que recitamos xoves:

XÚPITER, XUPITERIÑO
VAI FACENDO O SEU CAMIÑO
DESPACIO, ARREDOR DO SOL,
CON PASOS DE CARACOL.

Onte preguntabamos o nome das árbores que plantamos con Berto nunha marabillosa mañá de finais de Outono. Xa sabedes que os SALGUEIROS precisan moita auga. E agora xa está adiviñada a pregunta de onte.

de adiviña a adiviña papamos unha piña:
LEVO A CASA AO LOMBO,
CAMIÑO SEN UNHA PATA.
E VOU DEIXANDO AO MEU PASO
UN FIÍÑO DE PRATA.
Por que os caracois levan a casa ao lombo? 

Os caracois agóchanse dentro da cuncha para non ser comestos polos depredadores. Cando vai moita calor, a cuncha tamén protexe a pel e así evita que sequen e morran. O mesmo que acontece cos nosos osos, as cunchas están feitas de calcio.

O XOGO PROFUNDAMENTE ABSORVENTE, PARECE SER INDISPENSABLE PARA O DESENROLO MENTAL.













Ningún comentario:

Publicar un comentario