31 de mar. de 2020

QUÉDATE NA CASA: 10ºproposta

Sabedes que remata hoxe?

Xa escoitamos máis dunha voz dicir a resposta que non é unha única se non que  son moitas e moi variadas e todas elas levan unha parte da vosa verdade. Non sei se sabedes que as persoas, ao preguntar algo, esperamos escoitar unha determinada contestación. Neste caso concreto a resposta esperada é que xa remata o mes de Marzo.

Marzo marzán
á mañá cara de can.
Ao mediodía sol de raíña,
e á noite, corta coma unha fouciña.

Aínda que parece que o tempo dos vindeiros días vai seguir sendo un pouco marciano.

Hoxe, 31 de Marzo, para o grupo de Bea ía ser un día emocionante e diferentepois estaba previsto atravesar a ría para visitar a Escola de Cesantes, onde iades coñecer avosas parellas virtuais: Xela, Elena, Enzo , Violeta, Sara......e así ata chegar ao número 17. Elia, que foi escollida por Xoel como parella, xa o fora o curso pasado, cando Xoel era un porquiño que seguía coa mirada e co seu espírito a Elia por todas partes,Elia que miraba por Xoel como se da súa propia sombra se trataseUnha relación singular, propiciada pola organización do grupo en parellas de iguais, escolla pedagóxica que permite relacións únicas e dunha riqueza inimaxinable. Enviounos non só os nomes da súa xente de Cesantes senon  a relación das idades de todo o grupo.

Elia, que está dentro de AMELIA, vaivos  descubrir que dentro dos vosos nomes, lendo do revés-como no conto de Ganapán das palabras – ou trocando de lugar as letras que compoñen os  nomes, aparecen outros novos dos que descoñeciamos a existencia. Velaí a relación, que non é única e sempre se pode enriquecer:
     ANTÓN- TONA ; CLOE -CEO; ISAAC-CASA;SAÚL- LÚAS; XOEL- XEO; ARIADNA- NADAR;
     BERNARDO- ARDER; ARIA-AIRA;JOSUÉ-EU; LEO-ELO; MARTIÑO-TRAMIÑO; NAIRA-RAIAN;
     VALERIA-LEVARÍAN; CRISTIAN-TRISCAN; LEIRE-LER; DARÍO-RÍO; LUNA-LÚA; OLMO-MOL; 
    SARA-ARAS; NARA-ARAN; PABLO-POLA;  KIKE-EI; ARIANA-NARA; DANI-NAI e XIANA-XÍA.
  
TANTO A ARTE COMA O XOGO SO UNHA ACTIVIDADE SEN FIN.
  Immanuel  Kant






 


Ningún comentario:

Publicar un comentario