12 dic. 2012

21 nov. 2012

APAÑAMOS MILLO NA VEIGA DE DIEGO


       Descubrir o millo dentro do follato e apañar entre todos e todas as     espigas foi unha grande experiencia. Xa na escola debullamos e aínda que ao principio resulta díficil... o conseguimos!.
video

 
MILLARADA

Potenciar a observación e exploración de forma activa, iniciarse na formulación de hipóteses, coñecer a través dos distintos sentidos diferentes materiais e as suas caracteristicas, identificar as situacións nas que se precisa medir e interesarse polos instrumentos de medida e as cualidades do millo, crear novos xoguetes. Isto e moito máis nas nosas xornadas de millarada!!!.


video

VISITA AO MUIÑO


Visitamos os muiños dos Batáns do Rio Maior, alí coñecimos a Manolo que nos enseñou como funciona o muiño, o nome das distintas partes que o compoñen e moeu millo para nós, apañamos unha bolsa de fariña!.  Despois merendamos xunto ao río.

video

MAGOSTO 2012.


Un ano máis celebramos o Magosto  e degustamos unhas deliciosas castañas, criollos e pan de millo. Os xogos populares coas familias: buxainas, corda, goma, bolas, castañoca e o pano, fixeron desta unha xornada inolvidable.

video

O CULLARAPO CROQUE.

Visitounos Miguel Angel Alonso e o seu libro “O cullarapo Croque”, e da sua man achegamonos ao seu mundo de poemas.Facede clic neste enlace e escoitade o autor falando do seu libro e @s nen@s recitando.
                                                      
                                                     O CULLARAPO CROQUE

video

7 nov. 2012

SAMAÍN 2012


Un ano máis celebramo-lo Samaín na escola de Pousada, ademais de manter viva esta tradición de orixe celta aprendemos que existen distintos tipos e variedades de cabaza, as clasificamos, valeiramos, separamos pebida de polpa, observamos as diferencias exteriores e interiores, sentimos e verbalizamos distintas sensacions táctiles e térmicas, etc.

 E como o Samaín marcaba no calendario celta a chegada do inverno e as noites escuras e medoñentas, atrevemonos a visitar a habitación do terror: compartimos e aceptamos os nosos medos e emocións e sobre todo enfrentamos a eles.


video

27 oct. 2012

SAMAÍN

Chega o Samaín a Escola de Pousada e coa Bruxa Saruxa descubrimos un conto cheo de monstruos moi divertidos.

10 oct. 2012

PERIODO DE ADAPTACIÓN

A EDUCACIÓN É UNHA TAREFA COMPARTIDA

Durante os primeiros anos de vida, a aprendizaxe dos nenos e nenas mistúrase e confúndese coas súas vivencias, polo que todo o que fan e viven fora do centro escolar ten tanta importancia educativa como o que fan no seu interior.

 A familia é o primeiro contexto de socialización dos cativos e xoga un papel crucial no seu desenvolvemento como persoa.

No seo da familia realizan as súas primeiras aprendizaxes, establecen os seus primeiros e moi importantes vínculos emocionais e incórporanse ás pautas e hábitos do seu grupo social e cultural. Cando un neno asiste a un centro de Educación Infantil, este debe compartir coa familia o labor educativo desenvolto, completando e ampliando as experiencias formativas.

Canto máis estreita e activa sexa a implicación dos pais no proxecto educativo desenvolto arredor dos nenos e nenas no centro educativo, mellares e máis satisfactorios resultarán os efectos sobre eles.

O amor recibido polas persoas na súa nenez pode ser unha fonte de paz de estabilidade para toda a vida.


7 oct. 2012

RATO TOM E RATA TOMASA




Neste enlace podedes ver OS CONTOS DO CAMIÑO que estivemos vendo na escola durante o período de adaptación. Encántanos o conto de Rato Tom e Rata Tomasa.