19 de nov. de 2013

18 de nov. de 2013

TEAS E CASTAÑAS

Cortar as teas foi un traballo dificil pero pouco a pouco... Foi un actividade feita en equipo na que todas e todos se axudaron.

14 de nov. de 2013

OBRADOIRO DE BOLSIÑOS PARA O MAGOSTO


Agradecemos a Belén a súa colaboración no desenvolvemento do obradoiro.





A VIAXE DE NAIRA

Naira compartiu con nós a súa viaxe que nos contou e ilustrou cun album de fotos moi singular. Grazas a túa aportación nós tamén viaxamos un pouquiño.Grazas, Naira!.

13 de nov. de 2013

6 de nov. de 2013

PEIXIÑOS?

Transformamos as follas de eucalipto en...





UNIVERSO DOS RECUNCHOS

Os recunchos están intimanente relacionados co xogo simbólico . No tempo de recunchos poden apuntarse en : perruquería, hospital, tenda-restaurante, casiña, carpintería, xogos de mesa, xogos na cortiza ou alfombra, biblioteca, ordenador,etc. O xogo simbólico é unha forma de aprender e e practicar, a realidade da vida, que non debemos desvirtuar querendo dirixilo, actuando como animadores/as ou incluso como participantes que non foron invitados. O xogo simbólico é unha experiencia vital da infancia que posibilita transformar, crear outros mundos, vivir outras vidas, xogar a ser outros e así aprender a pensar coma os outros, a sentir como os outros e, en definitiva, a saber se existen formas de pensar e sentir diferentes á propia. A escola é un lugar onde tamén se aprende a vivir, e o xogo simbólico é un “espazo de ensaio” para a aprendizaxe da vida.
















5 de nov. de 2013

VENDIMA 2013

Visitamos a vide de Berto e apañamos estes riquisimos acios de uvas, algunha cabaza e ata millo, que posteriormente debullamos, un traballo de motricidade fina compricado. E como unha imaxe di máis que mil palabra aquí tendes as imaxes.

4 de nov. de 2013

AS PASTAS DE ADRIÁN

Adrián cociñou coa sua nai unhas pastas deliciosas que tivo o detalle de traer a escola para compartir con todos e todas e explicarnos como facelas nas nosas casas. Grazas, familia!.

SAMAÍN 2013

Preparamos as cabazas,baleiramos e separamos as pebidas da polpa e as decoramos. Ao día seguinte nos aventuramos visitando o noso castelo encantado particuclar: Samina. A celebración do Samaín nos achega a un sentimento de defensa: o medo, por iso levamos días falando dos nosos medos e os dos pais e nais. Todos e todas sentimos medos e debemos aprender a convivir co medo e a superalo. Medos: medos do día a día, xeneralmente animais; medos máis profundos e elaborados como o medo a que lle pase algo aos seres máis queridos, o medo a soedade ou o medo a morte e medo ao descoñecido: pantasmas, santa compaña,etc e por último medos incontrolables (fobias) como o medo as alturas, a voar, aos espacios pechados, etc; medos, medos que non nos poden paralizar e que precisamos aprender a aceptalos como base para vencelos. Ese é o obxetivo da nosa visita a Samaina, preparada coas sua mellores galas.