18 de mar. de 2024

Pigmentos naturais.

 Está chegando a primavera e na saída ó monte tamén descubrimos que a natureza está impregnada de cores. Experimentamos con eles, probando diferentes xeitos para “sacar” eses pigmentos. 
































15 de mar. de 2024

O garavanzo!

 Na Escola seguimos a desfrutar das diferentes actividades cos Garavanzos.

 Actividades de coidado, observación e medición  da nosa planta do garavanzo. Tamèn afondamos nas partes das plantas, así coma noutras actividades de clasificación, conteo, seriacións formación de puzzles...

Tamèn realizamos actividades de lectoescritura colocando as palabras, formàndoas coas letras de madeira ou escribindo as partes da planta segundo o nivel do alumnado.

A maiores destas propostas, de forma paralela fixemos moitas outras tanto de lóxica, lecto, grafismos e actividades do esquema corporal a través do puzzle de cada un de nós.


















14 de mar. de 2024

A Eiruga Larpeira 🐛🍎🍰

Hoxe a nai de Helena contounos o conto da “Eiruga Larpeira” e elaboramos con ela un xogo moi divertido con material de refugallo, dándolle nova vida a unha botella de plástico e ás caixas de zapatos.

Grazas!!!