Comezamos o proceso de incubación despois de que o alumnado lle explicase por iniciativa propia a veciña que na escola había unha incubadora ainda non en funcionamento, así que a veciña trouxonos ovos.
Falamos e buscamos información sobre o proceso de fecundación, quedándonos claro que precisamos de galiña e galo e que existe ata unha danza de cortexo.
Logo puxemos a funcionar a incubadora (lendo instrucions entendendo que o achegamento a textos ten que ser de xeito significativo e funcional) explicamos cómo íamos seguir o proceso e o rexistro, así como que hai que mover os ovos duas veces o día (cada 12h) e pola mañá serán eles e elas encargados. E así o fixemos, estamos no día 4. O día 5 é especial porque ponderemos probar os ovos co ovoscopio e descubrir se hai vida. Informaremos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario