31 de mar. de 2020

PROPOSTA 3: COCIÑA

Seguen a chegar fotos vosas cociñando, seguide así , a COCIÑA é fonte de moitas aprendizaxes.
Grazas por compartir con nós as vosas receitas!




PASAN OS DÍAS

Pasan os días e nos ovos comezamos a ver qué pasou coas sementes que plantastes o primeiro día de propostas para casa. Os e as que estades a facer o calendario dende o primerizo dia podedes ir vendo cantos dias tarda en xerminar a vosa semente.
O experimento do ovo en vinagre xa vos deixou ver a transformación que sufriu, esperamos vos sorprendera. Grazas por compartirlo con nós!




Hoxe Huevecin tivo un accidente, caíu e rompeu o seu cráneo 🤯
Tivemos que buscar o seu irmán pintadin e facerlle un trasplante de "pelo" 😄.
E de paso miramos cómo están a xerminar as lentellas que plantamos.
Agora Pintadin sorrie feliz na nosa ventana. 😊



QUÉDATE NA CASA: 10ºproposta

Sabedes que remata hoxe?

Xa escoitamos máis dunha voz dicir a resposta que non é unha única se non que  son moitas e moi variadas e todas elas levan unha parte da vosa verdade. Non sei se sabedes que as persoas, ao preguntar algo, esperamos escoitar unha determinada contestación. Neste caso concreto a resposta esperada é que xa remata o mes de Marzo.

Marzo marzán
á mañá cara de can.
Ao mediodía sol de raíña,
e á noite, corta coma unha fouciña.

Aínda que parece que o tempo dos vindeiros días vai seguir sendo un pouco marciano.

Hoxe, 31 de Marzo, para o grupo de Bea ía ser un día emocionante e diferentepois estaba previsto atravesar a ría para visitar a Escola de Cesantes, onde iades coñecer avosas parellas virtuais: Xela, Elena, Enzo , Violeta, Sara......e así ata chegar ao número 17. Elia, que foi escollida por Xoel como parella, xa o fora o curso pasado, cando Xoel era un porquiño que seguía coa mirada e co seu espírito a Elia por todas partes,Elia que miraba por Xoel como se da súa propia sombra se trataseUnha relación singular, propiciada pola organización do grupo en parellas de iguais, escolla pedagóxica que permite relacións únicas e dunha riqueza inimaxinable. Enviounos non só os nomes da súa xente de Cesantes senon  a relación das idades de todo o grupo.

Elia, que está dentro de AMELIA, vaivos  descubrir que dentro dos vosos nomes, lendo do revés-como no conto de Ganapán das palabras – ou trocando de lugar as letras que compoñen os  nomes, aparecen outros novos dos que descoñeciamos a existencia. Velaí a relación, que non é única e sempre se pode enriquecer:
     ANTÓN- TONA ; CLOE -CEO; ISAAC-CASA;SAÚL- LÚAS; XOEL- XEO; ARIADNA- NADAR;
     BERNARDO- ARDER; ARIA-AIRA;JOSUÉ-EU; LEO-ELO; MARTIÑO-TRAMIÑO; NAIRA-RAIAN;
     VALERIA-LEVARÍAN; CRISTIAN-TRISCAN; LEIRE-LER; DARÍO-RÍO; LUNA-LÚA; OLMO-MOL; 
    SARA-ARAS; NARA-ARAN; PABLO-POLA;  KIKE-EI; ARIANA-NARA; DANI-NAI e XIANA-XÍA.
  
TANTO A ARTE COMA O XOGO SO UNHA ACTIVIDADE SEN FIN.
  Immanuel  Kant






 


AUDICIÓN E LINGUAXE: XOGOS

Hoxe tócanos soprar, imos facer 2 xogos diferentes:

1º XOGO: BURBULLAS
Necesitamos:
1 pajita
1 vaso con auga
Imos soprar coa pajita no vaso con auga para formar burbullas, primeiro empezaremos soprando amodo para aos poucos ir soprando máis forte, a ver que pasa coas burbullas!!!!

2º XOGO: BONECO DE NEVE
Necesitamos:
1 debuxo dun boneco de neve
2 algodón
1 algodón pintado de laranxa (para o nariz)
1 algodón pintado de negro para os ollos
Colocamos o debuxo do boneco de neve e fóra del colocamos trocitos de algodón branco, negro e laranxa. Deberemos soprar sobre o algodón coas mans nas costas (non vale usar pajita para soprar) e aos poucos ir levándoo con noso sopro dentro do debuxo para formar o boneco de neve.

A SOPRAR!!!!!!



30 de mar. de 2020

CARTAS DENDE CASA

Hola rapazada!

Este fin de semana, como fixo moito sol pasamos moito tempo no xardin e Luna descubriu un grupo de formigas, como as que nos falaron Bea e Bego esta Semana. Facian grupiños pequenos e tocabanse as antenas, é a sua forma de comunicarse. Iban de un lado a outro, pensamos que estaban a buscar un novo formigueiro. Vos deixamos una foto é  un video. 
https://drive.google.com/file/d/1LATVmuTn3Tb1b15ZNG200yle_SSGi5V7/view?usp=drivesdk
Tamén recollemos moitos fisalis, están a medrar moi rápido con este calor. E a Luna encantanlle, é a sua froita favorita. 

Sacamos as follas que recollemos o luns do xardin, que puxemos a secar, ainda non estaban moi secas pero Luna quixo facer un debuxo con elas. 

E tamén nos rimos moito xogando as carreiras de eirugas ou caterpillar como lle chama Luna. 

A resposta do libro de este venres é a Bruxa regañadentes. Ese non o temos na casa pero cada día lemos un conto, o favorito de Luna é Un león na escola, que llo regalaron os seus amigos Lucas e Adrián. 

Esperamos que o voso fin de semana fose tan divertido coma o noso.  

Bicos e apertas, xentiña do Ribeiro 



QUÉDATE NA CASA:9ºproposta

Aparece de novo a Lúa e deixa que nos deitemos enriba dela, pois parece unha hamaca pendurada no medio do ceo. Quen estea a facer o calendario pode deixarlle un sitiño á Lúa.

Aquí estou. Son Rafael, o homiño de papel. Levo acompañando as nenas e nenos da escola dende hai moitos anos ( quen queira que diga unha cifra, a ver se adiviña). Gústame moverme co sopro dos vosos pulmóns como no experimento preparado por Karmelu con Suspiritos. Primeiro tendes que deixar ben recortada a miña silueta para que eu poida manterme ergueito sen problema. Non me gusta caer, pero se caio, o único que hai que facer e colocarme de novo de pé. Avanzo por superficies lisas, por camiños dereitos ou sinuosos, con curvas e costas. Para descifrar o que son capaz de realizar teredes que facer uso da vosa habilidade e da vosa imaxinación. Non me importaría que alguén fixesemáis siluetas que me acompañen. Pois se estivésemos na escola sería o momento para a relación duns homiños con outros por riba da superficie das mesas. Non o poderíamos facer en Serpentina xa que o chan non é completamente liso. Xa vos podedes supoñer que o meu traballo é detectar o nivel de lisura das superficies. Son unha especie de nivel, como o que é usado na construción, na carpintería tanto de aluminio como de madeira, na fontanería etc. Lembrádevos de facerme un cama para descansar  e taparme, porque á noite sento a friaxe no meu corpo de papel e  xa sabedes que se o papel se molla ou colle frío desaparece.

Outra idea: quen se anime pode preparar circuítos para chapas, pedriñas, carrabouxos ou ben calquera material e teredes que comprobar se roda ou non,se é máis ou menos veloz.....Un mundo de dimensións inabarcable.

             Animádevos coas propostas e a xogar!

O XOGO REMÓNTASE AO PASADO E PROXECTASE NO FUTURO.












AUDICIÓN E LINGUAXE: SOAN IGUAL?


Comezamos a semana con enerxía!!!! Xa queda menos para vernos!!!!!!
Hoxe propóñovos un xogo de atención, imos ver se estades moi atentos e sodes capaces de saber se as palabras que soan son iguais ou diferentes. Pulsa nas imáxenes para ver os vídeos.
HH

HORTA DE BARTOLO?

Cualquiera pensaría que estamos a traballar na horta de Bartolo pero fixadevos ben. 
Disfrutade das hortas se tendes na casa!.



27 de mar. de 2020

QUÉDATE NA CASA:8º proposta

Chegou o día do mar de contos e aí vai un fragmento dun conto favorito.
Xa intuídes de que conto se trata?

    “- HAI ALGUÉN ESPERTO?
    -EU....
     -PERO QUE DEMO CHE PASA AGORA?
     - E QUE A MIÑA NAI SEMPRE ME TRAE....
      AUGA DO POZO NUNHA PENEIRA.
      E, DESPOIS DE BEBER, DURMO AXIÑA.
           A vella, botando pestes,
           Deu media volta.........
          Cando se dobrou a coller a peneira,
          caeulle unha pastilla de xabón:
        OS MEUS OBXECTOS MÁXICOS!
                - exclamou-
       SERÁ MELLOR QUE OS GARDE.


s  tamén tendes obxectos máxicos, non si? Cristian e Cloe seguro que andades estes días con máis de tres cousiñas que gardades como tesouros e que vos traen sorte. 
Si, si, estamos a escoitar a toda a xentiña dicir:
BEGO, BEA, EU tamén teño, e EU, e EU....... e así ata chegar a 23 eus que cos dous anteriores fan o número total do grupo do Ribeiro.

Claro que todos temos Pedras Máxicas, como  a que  topou Aarón, o curmán de Aria, na veiga hai moitos anos e coa que falamos para contarlle as nosas historias.

Nestes tempo a maxia fornécenos de enerxía e ilusión. Lembrades a sorte que tivemos cando fomos a Vigo para mirar a exposición de SONORO EMPEÑO e no momento de espera, cun pouquiño de cansazo, o noso guía sacou da mochila a súa maxia reconfortante? Foi fantástico! 

Hoxe vós faredes máxia! ...ou haberá unha explicación científica?

O XOGO ESTIMULA O DESENROLO SOCIAL.








No experimento de deixar os ovos en vinagre fixemos hipóteses de que pasará dentro de 3 días. Naira dixo que explotaría o ovo e Ari dixo que lle ían sair pelos, a ver que pasa!




SEMPRE APRENDENDO

Ser autónomos e autónomas é un obxectivo fundamental nesta etapa educativa gústanos ver qué seguides avanzando.
                                                       

AUDICIÓN E LINGUAXE: CARREIRA DE EIRUGAS


Hoxe propóñovos que fagades unhas eirugas de papel, decorédelas ao voso gusto e fagades carreiras con elas soprando cunha pajita.

Pulsade sobre a imaxe e lévavos ao tutorial de como facelas.