Ola xentiña do Ribeiro: hoxe é o segundo día diferente no que imos seguir aprendendo a vivir doutro xeito.
Alguén se fixou como está hoxe a Lúa e llo pode dicir ao resto?
Isaac non esquezas tirar no composteiro os restos orgánicos. E ninguén se pode esquecer de compostar nas súas casas. Compartide a vosa experiencia composteira coas vosas familias. Agora que xa tiñamos o composto preparado para deitar na Horta de Bartolo.
Hoxe igual non chove e podedes pasar o día no quinteiro. En Patureza a familia dos caracois vai pasar un tempo de descanso sen tanto movemento ao que os tendes afeitos ao pasealos no camión caracoleiro para arriba e para abaixo.
Como estarán os vehículos ? Ao mellor de noite van dar un paseo polo camiño branco.
Alguén sabe que é algo que se pode facer hoxe e durante toda a vida ademais de respirar?
Podédelo adiviñar: empeza pola letra de Xiana e de Xoel segue pola inicial de Olmo, logo a letra do Gato Lambón e rima con cantar, bailar, inventar, pasear, soñar....Que é?
Podédelo adiviñar: empeza pola letra de Xiana e de Xoel segue pola inicial de Olmo, logo a letra do Gato Lambón e rima con cantar, bailar, inventar, pasear, soñar....Que é?
Se vos animades, podedes inventar outras mentiras diferentes ao modelo popular proposto.
Mentiras Outras novas mentiras
Polo mar andan as lebres
Polo mar andan ........................?
Polo mar andan ........................?
e polo monte as anguías
e polo monte ............................?
e polo monte ............................?
polo ar andan os burros,
polo ar andan .............................?
polo ar andan .............................?
mirade que tres mentiras.
Mirade que tres mentiras.
Mirade que tres mentiras.
O XOGO LIBRE CABLEA NEURONALMENTE O CEREBRO E PREPÁRAO PARA O ÉXITO SOCIAL E ACADÉMICO.
Unha aperta responsable e saudable e ata mañá.
Fantástico traballo!
Unha plastilina excelente! Disfrutaa.
Disfrutar mellorando a motricidade e desenrolando a creatividade.
Quedouvos moi ben!
Son Isaac. Begoña, teño caracois na casa, algúns son pequeniños, téñolles unha casiña e cóidoos. Pero bótote muito de menos
ResponderEliminarJosué e Isaac:
ResponderEliminarOs cabalos poden voar,
Aí vai un polo ar!
Os guepardos xa non corren,
Na casa teñen que estar