16 de mar. de 2020

QUÉDATE NA TÚA CASA: nós propoñemos

Bó día: polbiños e porquiña; peixiñas e golfiñas; polbiños e xoaniñas; gavotiña e porquiños; peixiños e golfiños.
Hoxe imos vivir un día diferente. Non podemos estar físicamente na escola pero temos moitas ferramentas para poder resolver esta dificultade. Lembrádevos “A UN PROBLEMA MIL SOLUCIÓNS”.
Temos memoria, imaxinación, ilusión, creatividade,libertade, responsabilidade, é un mar de vivencias compartidas.
Imos pechar os ollos e sentarnos na ASEMBLEA para falar como o pasamos dende o venres. Faremos o día cada quen ao seu xeito, compartiendo coa vosa familia e contandolles o que acotío facemos no RIBEIRO. Este tempo ides ter o protagonismo nas vosas casas. Seredes encargadas e encargados ou maquinistas ata que voltemos  á escola. Naira e Ariana que sodes dúas, así como Josúe e Isaac que tamén sodes dous teredes que facer días alternos. Martiño, se queres, podes compartir as experiencias con Cibrán. Poderá boarlle unha man Simón a Leire; Emma a Xoel; Simón a Saúl; Javi a Valeria; Breixo a Xiana; Marco a Aria; Darío a Leo; Laura a Sara; Lucas a Darío; Nicolás a Dani; Irene a Pablo, Milagros a Bernardo, Aroa a Nara?.
Grazas por explicarnos con tanta intelixencia  e tranquilidade o problema do coronavirus. 

Seica houbo un neno de 5 anos que dixo que se non había ninguén fóra das casas o virus non ía infectar a ninguén máis. Non está nada mal esa idea.

Unha aperta compartida.


Grazas por compartilo con todos e todas!







Ningún comentario:

Publicar un comentario