23 de mar. de 2020

AUDICIÓN E LINGUAXE: SOPLAMOS!!!!!!

Bos días, comezamos semana con enerxía!!!! hoxe propóñovos unha actividade de sopro, imos levar unha bolita de papel por un caminito.
Necesitamos:
- un folio
- un anaco de papel para facer unha pequena bolita
- un lapis ou cera
Co anaco de papel imos facer unha pequena bolita e despois imos debuxar no folio un caminito polo que imos levar a bolita. Ollo!!!! a bolita non pode saírse do camiño, se se sae hai que volver empezar. Podedes facer unha carreira coa vosa familia, a ver quen é o  máis rápido e o que mellor controla a bolita, jeje!!!
Outra opción é debuxar con xiz o camiño no chan.
IMOS ALÁ!!!!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario