Chegou o día do mar de contos e aí vai un fragmento dun conto favorito.
Xa intuídes de que conto se trata?
“- HAI ALGUÉN ESPERTO?
-EU....
-PERO QUE DEMO CHE PASA AGORA?
- E QUE A MIÑA NAI SEMPRE ME TRAE....
AUGA DO POZO NUNHA PENEIRA.
E, DESPOIS DE BEBER, DURMO AXIÑA.
A vella, botando pestes,
Deu media volta.........
Cando se dobrou a coller a peneira,
caeulle unha pastilla de xabón:
OS MEUS OBXECTOS MÁXICOS!
- exclamou-
SERÁ MELLOR QUE OS GARDE.
Vós tamén tendes obxectos máxicos, non si? Cristian e Cloe seguro que andades estes días con máis de tres cousiñas que gardades como tesouros e que vos traen sorte.
- Si, si, estamos a escoitar a toda a xentiña dicir:
- BEGO, BEA, EU tamén teño, e EU, e EU....... e así ata chegar a 23 eus que cos dous anteriores fan o número total do grupo do Ribeiro.
Claro que todos temos Pedras Máxicas, como a que topou Aarón, o curmán de Aria, na veiga hai moitos anos e coa que falamos para contarlle as nosas historias.
Nestes tempo a maxia fornécenos de enerxía e ilusión. Lembrades a sorte que tivemos cando fomos a Vigo para mirar a exposición de SONORO EMPEÑO e no momento de espera, cun pouquiño de cansazo, o noso guía sacou da mochila a súa maxia reconfortante? Foi fantástico!
Hoxe vós faredes máxia! ...ou haberá unha explicación científica?
O XOGO ESTIMULA O DESENROLO SOCIAL.
No experimento de deixar os ovos en vinagre fixemos hipóteses de que pasará dentro de 3 días. Naira dixo que explotaría o ovo e Ari dixo que lle ían sair pelos, a ver que pasa!
Ningún comentario:
Publicar un comentario