15 de abr. de 2026

Artemis II

No noso cole levamos unhas semanas inmersos na investigación da viaxe do Artemis II. Este tema espertou Unha grande curiosidade e motivación nos nenos e nenas, que, se implicaron na procura de información. Ao longo da investigación aprendemos quenes son os profesionais que participan nunha misión espacial:  enxeñeiros, científicos e astronautas, cal è a súa  alimentación no espazo, e, ata como os astronautas cobren as súas necesidades básicas ( tema que causo un grande interese) . A través de novas e titulares, descubrimos incluso que às veces poden xurdir problemas, como avarías no baño da nave, o que nos axudou a comprender mellor as dificultades reais às que se enfrontan no espazo.

Ademáis, aproveitamos este Proxecto para reflexionar sobre a importancia de coidar o noso entorno, tamèn fóra da Terra. Investigamos sobre o Lixo Espacial e coñecimos que a ESA ( Axencia Espacial Europea) està realizando estudos para poder reducir os residuos que quedan no espazo e protexer desta forma o noso futuro.











14 de abr. de 2026

SESIÓN 6. PLANEA

 Introducimos certos elementos actuais e en relación ao traballo nas aulas co obxecto de manter e aumentar a motivación do alumnado na actividade. Como por exemplo: 

- desplazamentos en calma con símil de astronautas (en relación ao traballo sobre Artemis II) 

- incorporamos rutinas aprendidas e postas en práctica coa visita das artistas como a estratexia contención-berro previa ao momento de maior atención. 

- introducción de flores do maio (camelia) en relación a e esta próxima festividade e primavera empregandoas como un mecanismo sensorial de respiración, calma e consciencia. 

- introducimos un rotulador de cor no xogo do lapis en relación as cores da primavera. 

- traballo co libro “mi vida de abeja” en relación a estación na que nos atopamos e como motivación cara a expresión de coñecementos previos. 

- voltamos a crear misterio con: e que pode aparecer un día cuberto?














VISITA ARTISTAS PLANEA

 Recibimos a visita das artistas que puxeron en marcha o proxecto de: lapis, obxectos e cubricions da rede planea. 

Aproveitamos para desfrutar dunha convivencia co alumnado de Figueirido e así poder promover o traballo das artistas a mais alumnado e docentes do CRA. Este feito fixo a experiencia máis enriquecedora. Acompañamos estas sesions de ostras actividades e rutinas en convivencia como por exemplo o conto debuxado ou a preparación das merendas. 

Traballaron en dous grupos deste xeito:

- Grupo 1, alumnado de 3 anos das escolas de Pousada e Figueirido. 

- Grupo 2, alumnado de 4 e 5 anos de ambas escolas.

Realizaron unha sesión con cada grupo incidindo en diferentes aspectos en relación as necesidades do alumnado, grupo e funcionamento da sesión. Realizaron un seguimiento e acompañamento para ao óptimo desenvolvemento do programa. Foi un día fabuloso! 













SESIÓN 5. PLANEA

 Nesta ocasión a sesión foi de ambos grupos xuntos. A continuación describimos as novidades. 

No espazo 1 pasamos duas cubricions, incidindo na mirada e na palabra. 

No espazo 2 o xogo do lapis incluímos os útiles de escritura (rotuladores) 

No espazo 3, o rolo. Centrámonos no esquema corporal e autoconcepto lendo una fragmentos do gran libro dos superpoderes e rematando con: e ti como eres e cal é o teu superpoder?? 

Volvemos facer referencia a posibilidades de cubrir algún espazo con todos os nosos traballos. 









SESIÓN 4. PLANEA

 E TI QUE CUBRIRÍAS? 

Presentamos unha maqueta e recordamos aos artistas Jeannette-Claude e Christo Javacheff que motivan as cubricions como instalacións ambientais. 

Démoslle forma a maqueta, ubicación e personaxes. Converteuse na bibliocra. 

Preguntamos e ti que cubrirías?? Demos espazo al diálogo, escoita e expresión oral. 

Fixemos cubricións de elementos exteriores, reforzando o traballo en equipo e habilidades de psicomotricidad e fina (cortar, rasgar…) 

Lemos o fragmento do poema de Gloria Fuertes “las cosas” que se recolle na guía do propio programa. Volvemos preguntar e ti que cubrirías? E recollemos as ideas no rolo de papel estimulando agora a expresión gráfica.