No noso cole levamos unhas semanas inmersos na investigación da viaxe do Artemis II. Este tema espertou Unha grande curiosidade e motivación nos nenos e nenas, que, se implicaron na procura de información. Ao longo da investigación aprendemos quenes son os profesionais que participan nunha misión espacial: enxeñeiros, científicos e astronautas, cal è a súa alimentación no espazo, e, ata como os astronautas cobren as súas necesidades básicas ( tema que causo un grande interese) . A través de novas e titulares, descubrimos incluso que às veces poden xurdir problemas, como avarías no baño da nave, o que nos axudou a comprender mellor as dificultades reais às que se enfrontan no espazo.
Ademáis, aproveitamos este Proxecto para reflexionar sobre a importancia de coidar o noso entorno, tamèn fóra da Terra. Investigamos sobre o Lixo Espacial e coñecimos que a ESA ( Axencia Espacial Europea) està realizando estudos para poder reducir os residuos que quedan no espazo e protexer desta forma o noso futuro.









Ningún comentario:
Publicar un comentario