26 de mar. de 2020

CARTAS DENDE CASA

Ola de novo!!!

Quen o diría e xa levamos casi dúas semanas sen cole! Pero na casa seguimos "traballando" como se houbera cole. Hoxe fixemos o calendario como todos os días e despois limos a mensaxe. A adiviña de hoxe foi moi fácil e acertamos as dúas: O CARACOL!!!! 


E despois chegou o mais divertido, facer a actividade. A de hoxe gustounos moito porque encántanos pintar, e se pode ser con pino el, moito mellor. Primerio, enchemos as botellas cunha poquiña auga e botámoslle dentro unhas temperas velliñas que tiñamos por casa e quedounos a auga de cores! Despois decoramos as botellas por fora e fixémolo de dúas formas: na primeira botamos pintura de cores dentro dunha caixa de cartón e despois metimos as botellas. Remexemos ben todo e puxémos as botellas a secar. A segunda decoramos as botellas con témpera e pincel facendo uns debuxos moi chulos: un xirasol, o mar con barcos, o arco da vella...

Pola tarde cando estiveron secas.... pois a xogar aos bolos!! O malo é que non tiñamos unha pelota axeitada e non caian,pero nós intentamolo igualmente.
E como aínda nos sobrou un pouquiño de tempo pois tamén xogamos a "buscar o intruso" que propuso Isa, á oca, fixemos puzzles, estivos xogando no xardín... unha morea de cousas!!!

Mañá mais e mellor!!!

Bicos para tod@s!!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario