Hoxe a lúa non está soa un planeta está ao seu carón e temos unha idea para compartir coa xentiña do Ribeiro:
• Kike, Cloe, Olmo, Luna, Cristian, Ariadna e Antón pódennos falar das súas mascotas. Que vos parece facer un debuxo dos voso animais de compaña ou ben facerlles unha foto para compartir co grupo? Se alguén non tivera aínda unha mascota real pode falar da que lle gustaría ter ou compartir os seus peluches ou xogos favoritos.
Esta noite na TVG ás 22:30 se queredes, en directo, se non na televisión á carta podedes ver ao noso cociñeiro favorito participar nun concurso culinario. Quen sabe se despois de velo se vos ocorre facer unha visita á cociña e animarvos a cociñar.
Lembrade de falar do día que é hoxe Mércores, da temperatura, de como vos sentides das cousas que vos interesa e vos inquedan.
Os mércores Mercurio Hai mercado popular. Mercan meteoritos brancos Venden estrelas de mar.
Aínda tendes na memoria o que merendamos todos os mércores.........si, si, si, xa vos estamos a escoitar: froita.
É o día da FROITA. Queredes debuxar a vosa froita ? se non queredes non importa o que sería bo é non perder o hábito de comela. Vos papedes moitas froitas diferentes os abruños, os fisalis e os amorotes que saen en Patureza.
Se alguén quere consultar as froitas que existen no mundo pódese desmaiar de tantas e tantas e tantas que hai. Nós probamos unha parte mínima das que existen.(e xa hai a alguén que lle parecen demasiadas.)
XOGAR É A ESENCIA DA VIDA DUNHA CRIANZA.NINGUÉN TEN QUE APRENDER A XOGAR.
O XOGO APARECE ESPONTÁNEAMENTE.
Ningún comentario:
Publicar un comentario