15 de abr. de 2024

DIA INTERNACIONAL DA VISIBILIDADE TRANS 🏳️‍⚧️

 O pasado 31 de marzo celebrouse o Día internacional da visibilidade trans, unha data salientable a traballar a prol de valores de igualdade, respecto e incluso de ruptura de estereotipos. Previamente a esta data cada aula traballou en profundidade un libro que aborde esta temática. Na escola de Pousada traballamos baixo os títulos de: “O año que é un porquiño” e “Edu se viste de princesa”. Os contos son un recurso fundamental no traballo de valores, porque permiten achegarllos ó alumnado dende a emoción, empatizando coas vivencias dos personaxes. 

A semana posterior gracias as mestras de apoio Monica e Uxia, fixeron rotar polas escolas os libros traballados en todas as aulas, engadindo así os nosos títulos outros como: “La peluca de Luca” “La dragona a la que no le gustaba el fuego” “Ahora me llamo Luisa” “Rojo. Historia de una cera de colores” e “un can”. Partindo disto deseñaron unha serie de propostas de xogo, relacionadas con cada título polas que fomos rotando en equipo. Foi unha actividade xenial para observar diferentes comportamentos, uso de materiais… marcados por estereotipos e apeoveitar para intervir e rompelos. 






































Ningún comentario:

Publicar un comentario