Amosando publicacións coa etiqueta MÚSICA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta MÚSICA. Amosar todas as publicacións

15 de xuño de 2020

CONCERTO

Mañán, martes, lembrade que teredes o concerto de ce orquestra pantasma no canal do cra de YouTube. Hora: 15h.      Un adianto para ir animándose.

Aquí vos queda o enlace para participar en directo:

https://youtu.be/Bx9ZZGyas2k

29 de abr. de 2020

DÍA INTERNACIONAL DA DANZA

Hoxe é o día internacional da danza e vós animamos a ver este vídeo e a bailar a vosa canción favorita coa vosa familia. Bo día a todos e todas!.




1 de mar. de 2020

BAILARÍNS E BAILARINAS

Nacemos predispostos para o baile. Son movementos que lles provocan placer e que van acompañados dunha sorisa, coa ventaxa engadida de que deixanse levar e non senten ningunha vergoña. A propia desinhibición  permitelles disfrutar do baile con maior libertade.

Beneficios do baile libre:
Favorece o exercicio cardiovascular, fortalece os músculos e mellora a elasticidade e o sentido do equilibrio. 
Favorece a coordinación, a memoria e a concentración. Os movemento repetitivos e a intención de facer pasos coordinados que acompañen á melodía é un gran estímulo para o desenrolo psicomotor da crianza . Permitelle ter un maior  coñecemento do seu propio esquema corporal.
Adquirir sentido do ritmo e oído musical, e desde o punto de vista social,axuda a desinibirse, á sociabilización.
Mellora a autoestima, libera tensions e fortalece a confianza en sí mism@.
  

4 de maio de 2016

MAIO 2016

Elaboramos os nosos colares de pampullos, un traballo de motricidade fina ( coordinación óculo-manual) que disfrutan moitísimo.


Un ano máis agradecer a colaboración ás familias que se achegaron a traballar no maio e que no día anterior recolleron as frores e outros materiais para elaborar o maio.


E cantamos o maio!!!!


29 de xan. de 2016

Boda no Ribeiro

Desenvolvemento da autonomía, reproducción dun acto social,desenrolo da creatividade, imaxinación, sentimento de pertenza a un grupo, desenvolvemento musical, e moito máis.

23 de out. de 2015

XA SE ACHEGA O SAMAÍN


                                     ESPERAMOS AS VOSAS CABAZAS NA ESCOLA!!!.

3 de dec. de 2014

O APALPADOR

Un ano máis a figura do apalpador achegase a nosa escola.
Se queredes ver vídeos de anos anteriores tocade na etiqueta do NADAL ( abaixo a dereita) e tamén podedes ver a actuación de fai dous anos na estaña de FESTIVAIS.