16 de maio de 2024

Pizza e peli!

 Hoxe na nosa escoliña tivemos a visita de Rocío, a nai de Breo, que, aproveitando que era o aniversario do seu fillo propuxo participar nun taller de pizza. Fixemos varias pizzas con ingredientes diferentes, e incluso a algunhas botámoslle acelgas da nosa Horta, estaban deliciosas! Pero isto non foi todo.... para rematar a xornada tivemos sesión cine coa película da Abella Maia. Os nenos e nenas Tiveron que repartir as entradas e logo fixarse ben no número de butaca e sentarse na silla co número correspondente.



































10 de maio de 2024

MUSEO DE PONTEVEDRA

 O alumnado de 5º curso desfrutou dunha actividade no museo de Pontevedra “A bruxa das cores” ademáis dunha convivencia co resto de alumnado desta idade do CRA. 













9 de maio de 2024

MAIO DE POUSADA

 E por fin celebramos o maio! 

Despois de actividades previas na aula como a elaboración das coplas, o traballo coa flor, as partes dunha flor, os nomes das flores do maio… chegou o día da creación do maio! Non puido quedar mais bonito, gracias familias por colaborar! 

Co obxecto de que todo o alumnado fose participativo nesta celebración parte da nosa cultura, ademáis da elaboración do propio maio deixamos polo patio outras propostas para adaptarnos así a diversidade de intereses do alumnado (artísticas, de experimentación, investigación…) 

Velaqui as probas do éxito da xornada!