7 de maio de 2024

Taller de tortilla de patacas!

 Onte fixemos unha saìda pola nosa contorna para recoller flores e logo coa Nosa prensa nova, coa finalidade de facer manualidades con elas. De camiño atopàmonos a unha veciña que quería ensinarnos os patiños que lle naceran e alà fomos a coñecelos. 

Unha vez na súa casa tamèn nos ensinou as súas galiñas e regalounos un ovo a cada un de nós. Algúns nenos dixeron que eses ovos os podíamos cocer, outros que se podían freir e outros facer a tortilla de patacas ou tortilla francesa, así que hoxe a cociña de Pousada púxose en funcionamento e elaboramos dúas tortillas de patacas con e sin cebola, acompañadas por Unha ensaladiña da nosa Horta.






























 


2 de maio de 2024

CRAvivencia con Figueirido 🌼🌿



Hoxe desfrutamos dunha estupenda xornada na escola de Pousada, onde asistimos a unha obra de teatro e posterior obradoiro da Fundación IgualARTE, titulada “Todas e todas contamos” e que trataba da diversidade familiar. 







Ademais, ao longo da mañá realizamos diversos obradoiros rotatorios relacionados cos MAIOS e levados a cabo en pequenos grupos: pulseiras de pampullos, ARTE e flores, estructuras de maios con KAPLA, English Flowers, ritmos e coplas de maios e taller de ioga. 







































Ademais tamén desfrutamos dunha merenda compartida e de moito xogo no espectacular patio da escola de Pousada.