Amosando publicacións coa etiqueta SOCIALIZACIÓN. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta SOCIALIZACIÓN. Amosar todas as publicacións

8 de nov. de 2019

XOGOS POPULARES 2019


Achegamonos un ano máis da man das familias aos xogos populares. Foi unha mañán chea de aprendizaxes, na que comprendemos o significado da fiesta do Magosto:
 O Magosto era o tempo que reservaban para honrar as colleitas.
Proclamadade novo raíña, o queixume da castaña mentres é cociñada convida a compartir con familiares e amistades as horas nocturnas alumeados polas faíscas da lareira e a luz das lapas baixo o ceo raso, nós o facemos canso chega a fame de media mañán.
No noso Magosto tivemos  chourizos e pan  e remata o suculento menú, a sobremesa de chulas e postres de castaña e os xogos populares coas familias.

                                                                                 

     


30 de maio de 2019

UNHA PAREDE EN LUCEIRA

Hoxe o calor fixo que estar fóra fose case imposible polo que fixemos unha sesión moi especial en Luceira... Ao entrar isto foi o que atopamos.



25 de feb. de 2016

TRABALLAR EN PARELLA NOS FAI MELLORES PERSOAS

Agrupar os nenos e nenas en parellas axuda aos máis pequenos a superar as dificultades máis fácilmente e a confiar nos iguais, favorecendo a socialización e a sua integración, por outra banda o de máis idade aprende a empatizar coa sua parella, normalmente lembrando como se sentian cando chegaron á escola, aprende a colaborar, a ter paciencia, respetar os tempos alleos e desenvolve habilidades lingúisticas para explicar como ten que facer e estratexias de axuda e colaboración, destacando a responsabilidade e a autoconfianza.

29 de xan. de 2016

Boda no Ribeiro

Desenvolvemento da autonomía, reproducción dun acto social,desenrolo da creatividade, imaxinación, sentimento de pertenza a un grupo, desenvolvemento musical, e moito máis.

20 de feb. de 2014

VISITA Á BIBLIOTECA PÚBLICA DE PONTEVEDRA

Os polbiños e porquiños disfrutaron da sua primeira viaxe en autobus a Pontevedra para visitar a biblioteca onde lles contaron o conto de Cocorico.












6 de nov. de 2013

UNIVERSO DOS RECUNCHOS

Os recunchos están intimanente relacionados co xogo simbólico . No tempo de recunchos poden apuntarse en : perruquería, hospital, tenda-restaurante, casiña, carpintería, xogos de mesa, xogos na cortiza ou alfombra, biblioteca, ordenador,etc. O xogo simbólico é unha forma de aprender e e practicar, a realidade da vida, que non debemos desvirtuar querendo dirixilo, actuando como animadores/as ou incluso como participantes que non foron invitados. O xogo simbólico é unha experiencia vital da infancia que posibilita transformar, crear outros mundos, vivir outras vidas, xogar a ser outros e así aprender a pensar coma os outros, a sentir como os outros e, en definitiva, a saber se existen formas de pensar e sentir diferentes á propia. A escola é un lugar onde tamén se aprende a vivir, e o xogo simbólico é un “espazo de ensaio” para a aprendizaxe da vida.