Co galo do día mundial da diabetes achegamonos á historia de Nano da man de Queliña, Raquel Queizas, e disfrutamolo moitisimo.
A escola de Pousada, forma parte do C.R.A plurilingüe de Vilaboa, Consuelo González Martínez.
- HOXE NA ESCOLA
- PROXECTO DA AUGA
- PARA ÁS FAMILIAS
- SAMAÍN
- FESTIVAIS
- CONTOS
- PROXECTO EMOCIÓN-ARTE
- PROXECTO: O NOSO CORPO
- NADAL E OUTRAS CELEBRACIÓNS
- OS CASTELOS
- COÑECE A NOSA ESCOLA
- DIVERSIDADE E EDUCACIÓN EN VALORES
- QUÉ ANIMALADA!
- EDUCACIÓN AUDIOVISUAL
- PROXECTO:ABELLAS
- PROXECTO DA PREHISTÓRIA
- PROXECTO DO UNIVERSO
- PROXECTO ÁFRICA
- Aproximación á LECTOESCRITURA
Amosando publicacións coa etiqueta PROXECTO O NOSO CORPO b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta PROXECTO O NOSO CORPO b>. Amosar todas as publicacións
14 de nov. de 2021
16 de abr. de 2020
QUÉDATE na CASA:16 proposta
Abril a medrar e a Lúa a minguar. O ciclo da vida sempre a rodar. Onte, os cans e as cadelas; as galiñas e algún galo; as vacas e os xatos ou cuxos; os cucos e as rulas; os ratos de campo e os esquíos; as aves rapaces e os liscráns e unha grea de animais desacougáronse bastante por mor da treboada. Na natureza existen fenómenos que perciben os animais de xeito diferente que as persoas. Ao mellor alguén non escoitou aínda a palabra liscrán ou aliscrán ( Reptil da familia dos ánguidos- Anguis fragilis – de pequeno tamaño, co corpo en forma de serpe, de cor castaña ou agrisada), pero coñecemos polos contos a palabra esquío (mamífero que habita nos nosos montes de rabo moi peludo e longo que se alimenta de froitos, ovos, insectos e piñas), seguramente lembrades durante un paseo polo monte piñas rilladas polos esquíos que paparon os piñóns.
Hoxe, Día do Libro da Froita. Quen queira pódese animar a facer unha páxina nova. Seguramente haberá máis dun plátano, mandarinas, mazás varias, laranxas para zumear, algunha que outra ameixa e quen sabe se algunha froita sorprendente. Lembrades as mazás de Portugal pequeniñas e vermellas que rillamos o último día que nos vimos? Virán tempos de froitas variadas coa chegada do verán.
Un conto novo chegou ás nosas mans, O camiño das mazás, escrito por Estrella Ortiz e ilustrado por Mar Azabal , e topámonos no medio das mazás cun poema que compartimos con vós:
O medo é un camiño
entre árbores escuras.
O medo son pisadas
Que soan por detrás.
O medo é o silencio,
Un asubío do vento.
O medo acazapado,
Murmura moi baixiño
Sen parar de rir:
ESTOU AQUÍ! AQUÍ! AQUÍ
11 de mar. de 2020
5 de mar. de 2020
29 de feb. de 2020
21 de feb. de 2020
18 de feb. de 2020
11 de feb. de 2020
3 de feb. de 2020
21 de xan. de 2020
20 de nov. de 2019
7 de nov. de 2019
27 de out. de 2019
22 de out. de 2019
23 de xuño de 2016
EVOLUCIÓN DO ESQUEMA CORPORAL
De dous a cinco anos.
- A través da acción, a prensión se fai cada vez máis precisa, asociánse a unha locomoción cada vez máis coordinada.
- A motricidade y a cinestesia (sensación pola cal percibese o movemento muscular, posición dos nosos membros) permiten ao neno ou nena o coñecemento e a utilización cada vez máis precisa do seu corpo enteiro.
- A relación co adulto é sempre un factor esencial desta evolución que permite a nena ou neno desprenderse do mundo exterior e recoñecerse como un individuo autónomo.
Se queredes saber máis:
http://www2.uned.es/ntedu/espanol/master/primero/modulos/multimedia/miguel/teorico/esqcor.htm
5 de maio de 2014
CROSS DE RIOMAIOR
Estamos a entrenar para o cross de Riomaior , actividade na que todos e todas nos anotamos porque xa sabemos que o exercio é preciso para coidar o noso corpo e tamén é unha actividade fantastica para o tempo de lecer. Deste xeito aprendemos a compartir un momento de esforzo e a respetar e apreciar o esforzo dos nosos compañeiros e compañeiras.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)















































