2 de nov. de 2026

OBRADOIRO LOXICA

 Gracias aos productos de outono aportados polas familias realizamos un obradoiro de lóxica en pequeño grupo para traballar a identificación de atributos a comparación, clasificación e discriminación. 

Comezamos con dous atributos contrarios: grande/pequeno e logo repetimos esta clasificación incluíndo o atributo marrón e Traballando entón tamén a negación do atributo.Deste xeito debíamos colocar o obxecto no lugar correspondente podendo ser: pequeno marrón/pequeno non marrón/ grande marrón/ grande non marrón/ marrón pero nin grande nin pequeno (facendo así aparecer un novo termo, mediano). 

O interesante é que a actividade foi plantexada cos materiais de xeito que o alumnado planificase, dialogase e compartirse ideas para averiguar o obxectivo e funcionamento da tarefa mentres que as mestras fomos guías pero non facilitamos as respostas. Precisamente por isto nun grupo a categoría “mediano” aparecen xa durante o primeiro paso da actividade porque o grupo sentía a necesidades de incorporala na clasificación. 

Isto foi posible tamén gracias a escoller ben os materiais e presentar cada elemento tanto en grande como en pequeno (cabaza grande/cabaza pequena, folla grande/folla pequena) sendo o alumnado quen de descubrir o atributo que estábamos pedindo na tarefa. Cabe sinalar tamén que se o grupo atopase outro xeito de clasificación as mestras como guías deixariamos lévala a cabo e experimentar con outras características sendo así o alumnado e o grupo o que guía a aprendizaxe. 







30 de out. de 2026

Tío Lobo e carballeira!

Onte comenzamos a xornada lendo o conto de Tìo Lobo e a continuación elaboramos as chulas de cabaza como no conto. Estivemos apuntando os ingredientes que precisàbamos para a receita tanto en galego como en inglès coa axuda da nosa profe Rosalía e a continuación puxèmonos mans à obra e......tatachàn conseguimos as nosas chulas, como as de Carmela e.....as levamos á carballeira para papar.

Un día xenial desfrutando da nosa contorna!
























SAMAIN 🎃

 Día cheo de contos, xogo sensorial, luz, sombras, cores, experimentos, apocemas… e merenda compartida! Gracias familias!