Amosando publicacións coa etiqueta XOGO SIMBÓLICO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta XOGO SIMBÓLICO. Amosar todas as publicacións

30 de mar. de 2020

QUÉDATE NA CASA:9ºproposta

Aparece de novo a Lúa e deixa que nos deitemos enriba dela, pois parece unha hamaca pendurada no medio do ceo. Quen estea a facer o calendario pode deixarlle un sitiño á Lúa.

Aquí estou. Son Rafael, o homiño de papel. Levo acompañando as nenas e nenos da escola dende hai moitos anos ( quen queira que diga unha cifra, a ver se adiviña). Gústame moverme co sopro dos vosos pulmóns como no experimento preparado por Karmelu con Suspiritos. Primeiro tendes que deixar ben recortada a miña silueta para que eu poida manterme ergueito sen problema. Non me gusta caer, pero se caio, o único que hai que facer e colocarme de novo de pé. Avanzo por superficies lisas, por camiños dereitos ou sinuosos, con curvas e costas. Para descifrar o que son capaz de realizar teredes que facer uso da vosa habilidade e da vosa imaxinación. Non me importaría que alguén fixesemáis siluetas que me acompañen. Pois se estivésemos na escola sería o momento para a relación duns homiños con outros por riba da superficie das mesas. Non o poderíamos facer en Serpentina xa que o chan non é completamente liso. Xa vos podedes supoñer que o meu traballo é detectar o nivel de lisura das superficies. Son unha especie de nivel, como o que é usado na construción, na carpintería tanto de aluminio como de madeira, na fontanería etc. Lembrádevos de facerme un cama para descansar  e taparme, porque á noite sento a friaxe no meu corpo de papel e  xa sabedes que se o papel se molla ou colle frío desaparece.

Outra idea: quen se anime pode preparar circuítos para chapas, pedriñas, carrabouxos ou ben calquera material e teredes que comprobar se roda ou non,se é máis ou menos veloz.....Un mundo de dimensións inabarcable.

             Animádevos coas propostas e a xogar!

O XOGO REMÓNTASE AO PASADO E PROXECTASE NO FUTURO.












2 de dec. de 2014

20 de feb. de 2014

XOGAR É UN PLACER IMPRESCINDIBLE PARA ÁS CRIANZAS

Na escola se queremos ser coherentes e dar resposta ao momento evolutivo das crianzas, teremos que dar espazo e tempo ao xogo, sabendo canto o precisan e canto lle serve para disfrutar, relacionarse, aprender e ensaiar a vida.
Maricarmen Diez Navarro. “ 10 ideas claves. La educación infantil”.


Xogar é unha cousa moi seria para unha nena pequena e un neno pequeno, porque o xogo é necesario e vital, é sinal de saúde e desempeña un papel de conexión e ponte dende o placer ata a realidade
Xogando as nenas e os nenos séntense libres, adquiren seguridade, coñecen o seu corpo, as suas posibilidades de movemento, poñen palabras ás suas accións, van dominando a realidade física ao seu alcanze e van captando os sentimentos e emocións dos demais. Xogando van aprendendo, gañando habilidades e entendendo como funcionan as cousas e porqué ”.


 “Para os seus xogos a nena e o neno rodeanse de obxecto cotiás, de elementos da natureza, de productos da imaxinación e, claro está, de xoguetes que lle ofrecen compañía, identificacións e afecto. Axudanlle a elexir, decidir e dominar os seus xogos. Un xoguete na man dunha nena ou neno convírtese nun compañeiro ás suas espensas, nun obediente intermediario entre a súa realidade interna e o mundo exterior por coñecer, ensaiar e onde sentirse seguro ou segura”.

 “Os xogos estimulan o desenrolo intelectual desde as capacidades motrices ata a linguaxe e a capacidade de simbolización, asi como os hábitos necesarios para o crecemento e a aprendizaxe: perseverancia no esforzo, tolerancia á frustración, concentración e risco para explorar e imaxinar

 “Se ten poucos xoguetes ou nun momento dado ningún, o desexo de xogar é tan imperioso que impulsa á nena e ao neno a ter que inventalo , e ese movemento lúdico e creativo será a crianza non unha fonte de placer  senón unha base de futuras creacións, o xenerador dos seus pensamentos.”

 “ Os nenos adoitan ser nomeados como campeóns, machotes, brutos ou valentes e teñen que xogar con coches, pelotas ou espadas e ás nenas teñen que sentirse representadas por calificativos como: princesa, doces, presumidas ou tranquilas,  e xogar con monecas, casa ou cociñas. Estas palabras e estes comportamentos asignados marcan unhas respostas estándar que tamén son ás esperadas na sociedade e que perpetúan certas actitudes e prácticas”.






Textos traballados na xuntanza de familias, na que realizamos unha sesión de traballo cooperativo en equipo.