Para pechar este curso, realizamos unha excursión moi especial ao Museo Etnográfico Casa do Patrón, en Lalín. Foi unha xornada chea de aprendizaxes, convivencia e diversión, na que puidemos achegarnos ás tradicións e aos costumes da Galicia de antano.
A escola de Pousada, forma parte do C.R.A plurilingüe de Vilaboa, Consuelo González Martínez.
- HOXE NA ESCOLA
- PROXECTO DA AUGA
- PARA ÁS FAMILIAS
- SAMAÍN
- FESTIVAIS
- CONTOS
- PROXECTO EMOCIÓN-ARTE
- PROXECTO: O NOSO CORPO
- NADAL E OUTRAS CELEBRACIÓNS
- OS CASTELOS
- COÑECE A NOSA ESCOLA
- DIVERSIDADE E EDUCACIÓN EN VALORES
- QUÉ ANIMALADA!
- EDUCACIÓN AUDIOVISUAL
- PROXECTO:ABELLAS
- PROXECTO DA PREHISTÓRIA
- PROXECTO DO UNIVERSO
- PROXECTO ÁFRICA
- Aproximación á LECTOESCRITURA
15 de xuño de 2026
12 de xuño de 2026
FESTA DA AUGA
A nosa Escola encheuse de risas, xogos e moita unha actividade na que alumnado e familias puideron compartir unha xornada lúdica e refrescante para dar a benvida ao bo tempo.
Ao longo da mañá, realizamos propostas de experimentación, movemento, creatividade e xogo libre. O máis exitoso foi deslizarse polo tobogán de auga pero tamén os disparadores e globos de auga, poñer a proba a súa concentración na zona de pesca e explorar materiais de trasvases, desenvolvendo habilidades motrices e de coordinación.
A creatividade tamén estivo moi presente a través dos batidos de cores, a pintura corporal, a pintura con xeo e moitas experiencias sensoriais que permitiron experimentar con diferentes texturas, temperaturas e formas de expresión artística. Mentres,a proposta de liberar animais do xeo mediante sal achegou aos participantes a un pequeno experimento científico cheo de descubrimentos. O xogo con escuma de afeitar e bloques de construción ou os pomperos, favoreceron a imaxinación, a exploración e a interacción entre iguais.
Este tipo de xornadas permiten que o xogo libre ocupe un papel protagonista. A través del, os nenos e nenas desenvolven a súa autonomía, creatividade, capacidade para resolver problemas e habilidades sociais, ao tempo que fortalecen vínculos afectivos cos seus compañeiros, compañeiras e familias.
Queremos agradecer a participación e colaboración de todas as familias, que contribuíron a crear un ambiente de convivencia, respecto e alegría. Grazas por compartir connosco unha mañá tan especial.
CONVIVENCIA DEILAN
Vivimos unha fermosa xornada de convivencia entre o alumnado da Escola de Pousada e de Barciela. Aproveitando o bo tempo, desprazámonos ata a praia para compartir unha mañá diferente, chea de compañeirismo, diversión e aprendizaxe ao aire libre.
A actividade comezou cunha pequena ruta a pé e durante o percorrido, conversaron e coñeceron mellor ao alumnado da outra escola.
Unha vez na praia, dedicamos boa parte da mañá ao xogo libre e á exploración do medio natural. O alumnado participou de maneira espontánea en diferentes actividades, observando os elementos naturais, interactuando coa contorna, desfrutamdo cos seres vivos e compartindo momentos. Mentres recollemos o lixo que íamos atopando, contribuíndo ao coidado e conservación deste espazo natural.
O xogo libre ofrece numerosos beneficios para o desenvolvemento infantil, xa que favorece a creatividade, a autonomía, a toma de decisións e as relacións sociais, permitindo que os nenos e nenas aprendan de forma activa a través da experiencia e da interacción co medio.
Aproveitamos tamén para traballar hábitos de saude neste tipo de actividades, alimentación saudable, protector solar…
A xornada transcorreu nun ambiente moi positivo, marcado polo respecto, a colaboración e as ganas de compartir momentos cos compañeiros e compañeiras de ambas escolas.
Queremos agradecer ás familias a súa colaboración e confianza, que fan posible a realización deste tipo de actividades tan enriquecedoras para o alumnado.
Sen dúbida, foi unha experiencia moi especial que gardaremos con agarimo e que contribúe a fortalecer os lazos entre a Escola de Pousada e Barciela.






















































