A semana pasada realizamos un taller de lóxica-matemática centrado en dous grandes bloques: as figuras xeométricas e as medidas, a través da manipulación, o xogo e a experimentación.
Realizamos varios obradoiros nos que os nenos estaban en parellas ou pequeño grupo.
Un obradoiro de xogo libre de construción. Con bloques de distintas figuras xeométricas, deron renda solta á súa creatividade.Unha vez rematada a construción, demos un paso máis cara á abstracción: representar nun debuxo o que construíran previamente.
Outro dos obradoiros consistía en representar en 3 dimensións as figuras xeomètricas. Tiñan que empregar boliñas de plastilina e palillos.
Canto medimos? Outro dos obradoiros que consistiu en medirnos cun metro cortando un anaco de lana da nosa estatura e con materias non estructurados como zapatos, lápices....
E outra das actividades desde taller consistía en buscar obxectos por toda a clase identificar que forma xeométrica tiñan. Unha vez atopado o obxecto, debían clasificalo colocándoo na bandexa correspondente segundo a súa forma. Unha actividade fantástica para traballar a discriminación visual e a categorización.
A través destas experiencias multisensoriais, convertemos os conceptos matemáticos en algo concreto, divertido e cheo de sentido para eles.














Ningún comentario:
Publicar un comentario