7 de out. de 2026

OBRADOIRO ARTE DE OUTONO

 Motivado pola celebración da chegada do outono realizamos un obradoiro de arte na que a única premisa era que a composición debía conter 3 elementos: Plastilina, paos (grandes ou pequenos) e follas. O obxectivo era facer pensar, idear e crear ao tempo que experimentaban as posibilidades dos materiais. Non foi tarefa doada integrar os 3 elementos sen un modelo dado, fomentando a CREATIVIDADE e iniciativa persoal. Os pasos a seguir foron os seguintes: 

-saída polo exterior para recoller follas de diferentes tipo, observando o cambio de cor polo outono 

- traballo individual na sua obra nun ambiente cómodo, relaxado e con música 

- revisión de se a premisa dos 3 elementos estaba cumplida ou se pola contra debían integrar os restantes 

- peche da obra escolléndolle un título, sendo a LINGUAXE creativa tamén parte do arte. 

- exposición de traballos. 















Ningún comentario:

Publicar un comentario