30 de abr. de 2026

O noso Maio

Hoxe coas familias elaboramos o Maio da Nosa Escola. 

Os días previos estivemos  facendo colares de pampullos, flores, millo... Realizamos representacións artísticas do maios en diferentes formatos: plano, volume empregando diferentes materiais como arxela branca, papeis..... pero tamèn lle prestamos especial atención nestas representación os elementos esencias do maio como: fiuncho, xesta, pampullos, camelias, laranxas, ovos......

Durante todo este proceso outorgámoslle importancia   à elaboración das nosas coplas, buscando Unha letra que tivera relación coas historias do noso cole e as ensaiamos. Moito traballo de psicomotricidade fina,pcimotricidade grosa,precisión,  atención, memoria e creatividade.

Grazas familias por colaborar con nosco e manter Unha tradición da Nosa contorna. 






























19 de abr. de 2026

A GRAN CUBRICIÓN. PLANEA

 No marco do Día Mundial da Arte, no CRA levamos a cabo unha actividade colectiva titulada A gran cubrición. O alumnado participou nunha intervención artística cubrindo o camiño que une o Concello coa BiblioCRA, empregando as súas propias creacións realizadas durante o Proxecto Lapis: obxectos e cubricións, integrado na Rede Planea de Arte e Escola. 

Esta acción converteu o espazo público nun lugar de expresión e encontro, poñendo en valor a creatividade, o traballo colaborativo e a presenza da arte na vida cotiá permitiendo tamén unha actividade de convivencia entre escolas e docentes, poñendo todo o traballo en común.

https://www.pontevedraviva.com/es/cultura/cra-vilaboa-llena-arte-calles-gran-cubricion_516402_102.html


 








Aproveitamos ademáis para visitar a exposición de fotografía “ Vilaboa unha contorna sorprendente” ubicada no concello e creada polo propio alumnado dos tres centros educativos do concello

 



. 



15 de abr. de 2026

Artemis II

No noso cole levamos unhas semanas inmersos na investigación da viaxe do Artemis II. Este tema espertou Unha grande curiosidade e motivación nos nenos e nenas, que, se implicaron na procura de información. Ao longo da investigación aprendemos quenes son os profesionais que participan nunha misión espacial:  enxeñeiros, científicos e astronautas, cal è a súa  alimentación no espazo, e, ata como os astronautas cobren as súas necesidades básicas ( tema que causo un grande interese) . A través de novas e titulares, descubrimos incluso que às veces poden xurdir problemas, como avarías no baño da nave, o que nos axudou a comprender mellor as dificultades reais às que se enfrontan no espazo.

Ademáis, aproveitamos este Proxecto para reflexionar sobre a importancia de coidar o noso entorno, tamèn fóra da Terra. Investigamos sobre o Lixo Espacial e coñecimos que a ESA ( Axencia Espacial Europea) està realizando estudos para poder reducir os residuos que quedan no espazo e protexer desta forma o noso futuro.











14 de abr. de 2026

SESIÓN 6. PLANEA

 Introducimos certos elementos actuais e en relación ao traballo nas aulas co obxecto de manter e aumentar a motivación do alumnado na actividade. Como por exemplo: 

- desplazamentos en calma con símil de astronautas (en relación ao traballo sobre Artemis II) 

- incorporamos rutinas aprendidas e postas en práctica coa visita das artistas como a estratexia contención-berro previa ao momento de maior atención. 

- introducción de flores do maio (camelia) en relación a e esta próxima festividade e primavera empregandoas como un mecanismo sensorial de respiración, calma e consciencia. 

- introducimos un rotulador de cor no xogo do lapis en relación as cores da primavera. 

- traballo co libro “mi vida de abeja” en relación a estación na que nos atopamos e como motivación cara a expresión de coñecementos previos. 

- voltamos a crear misterio con: e que pode aparecer un día cuberto?