Gracias aos productos de outono aportados polas familias realizamos un obradoiro de lóxica en pequeño grupo para traballar a identificación de atributos a comparación, clasificación e discriminación.
Comezamos con dous atributos contrarios: grande/pequeno e logo repetimos esta clasificación incluíndo o atributo marrón e Traballando entón tamén a negación do atributo.Deste xeito debíamos colocar o obxecto no lugar correspondente podendo ser: pequeno marrón/pequeno non marrón/ grande marrón/ grande non marrón/ marrón pero nin grande nin pequeno (facendo así aparecer un novo termo, mediano).
O interesante é que a actividade foi plantexada cos materiais de xeito que o alumnado planificase, dialogase e compartirse ideas para averiguar o obxectivo e funcionamento da tarefa mentres que as mestras fomos guías pero non facilitamos as respostas. Precisamente por isto nun grupo a categoría “mediano” aparecen xa durante o primeiro paso da actividade porque o grupo sentía a necesidades de incorporala na clasificación.
Isto foi posible tamén gracias a escoller ben os materiais e presentar cada elemento tanto en grande como en pequeno (cabaza grande/cabaza pequena, folla grande/folla pequena) sendo o alumnado quen de descubrir o atributo que estábamos pedindo na tarefa. Cabe sinalar tamén que se o grupo atopase outro xeito de clasificación as mestras como guías deixariamos lévala a cabo e experimentar con outras características sendo así o alumnado e o grupo o que guía a aprendizaxe.




