Hoxe a música foi un elemento fundamental da sesión de psicomotricidade, guiando cada un dos movementos. Comezamos con xogos con aros: primeiro meténdonos dentro ao parar a música mentres pouco a pouco os aros ían desaparecendo e o xogo íase complicando. Despois fixemos outra variante do xogo na que os aros agora eran compartidos, tendo que meter varios nenos e nenas para que ninguén quedase fóra.
Continuamos con persecucións conclasci xogo do pilla-pilla, outro imitación de animais e por último rematamos co xogo do xornal, no cal incluímos un novo material que logo nos serviu para realizar a representación gráfica da sesión.

























Ningún comentario:
Publicar un comentario