No marco do Día Mundial da Arte, no CRA levamos a cabo unha actividade colectiva titulada A gran cubrición. O alumnado participou nunha intervención artística cubrindo o camiño que une o Concello coa BiblioCRA, empregando as súas propias creacións realizadas durante o Proxecto Lapis: obxectos e cubricións, integrado na Rede Planea de Arte e Escola.
Esta acción converteu o espazo público nun lugar de expresión e encontro, poñendo en valor a creatividade, o traballo colaborativo e a presenza da arte na vida cotiá permitiendo tamén unha actividade de convivencia entre escolas e docentes, poñendo todo o traballo en común.
Aproveitamos ademáis para visitar a exposición de fotografía “ Vilaboa unha contorna sorprendente” ubicada no concello e creada polo propio alumnado dos tres centros educativos do concello
.








Ningún comentario:
Publicar un comentario