No noso taller de arte e matemáticas traballamos as figuras xeométricas, os seus tamaños e as súas características, retomando e afianzando aprendizaxes que xa exploráramos anteriormente no taller de lóxica.
Nesta ocasión, cada alumno e alumna escolleu unha figura de cartón e tivo a oportunidade de decorala libremente, deixando voar a súa creatividade e tomando as súas propias decisións sobre cores, formas e deseños.
O verdadeiro reto chegou despois: xuntar todas as creacións para elaborar unha composición colectiva, buscando a maneira de encaixar e combinar as diferentes pezas. Así, cada figura individual pasou a formar parte dun todo creado entre todos e todas.
A actividade permitiunos non só continuar traballando conceptos matemáticos e creativos senón tamén desenvolver habilidades fundamentais como a cooperación, a escoita, o respecto polas decisións dos demais e a aceptación das diferentes formas de crear.
Porque, cando traballamos en equipo, descubrimos que cada achega é importante e que, entre todos e todas, podemos crear algo moito máis grande que a suma das nosas partes







Ningún comentario:
Publicar un comentario