8 de out. de 2026

Carreira profe Borja

 Durante estes días estivemos  profundizando nas carreiras de aventura. Foi unha experiencia diferente na que coñecimos outro deporte no que para superar un reto, non abonda só con correr, tamén é necesario saber orientarse, traballar en equipo e saber tomar decisións. Todo isto comezou porque Borja o nosotros profe de psicomotricidade participou nunha carreira de aventura. Nós convertémonos en auténticos seguidores da competición: iamos comprobando cada día en que posto se atopaba e cantos días lle faltaban para rematar.

Ademais, iamos vendo que a medida que avanzaba a carreira, algúns equipos abandonaban e, polo tanto, quedaban eliminados. Así, día tras día dàbnase conta de como se reducía o número de equipos e analizábamos cantos quedaban e cantos xa abandonaran.

Deste xeito, puidemos achegarnos ao mundo das carreiras de orientación e descubrir todo o que hai detrás deste tipo de probas: estratexia, resistencia, concentración, compañeirismo, esforzo e espírito de superación.

E para poñer o broche final… sesión de cine! Na que os nenos tiñan que "vender as entradas" , escanear o código como fan os acomodadores, así como buscar o número da butaca na que se tiñan q sentar.... A película Arthur: Una amistad sin límites, unha historia baseada en feitos reais na que un equipo participa nunha esixente competición mundial de deportes de aventura. Ao longo da película aparecen valores moi relacionados cos que estivemos traballando: o traballo en equipo, o esforzo, a perseveranza, a amizade e a capacidade de superar as dificultades.

Foi unha maneira estupenda de rematar esta experiencia e de comprobar, a través do cine, que nunha competición non sempre o máis importante é chegar primeiro, senón non renderse, axudar aos demais e superar os retos que aparecen polo camiño.

🧭🏃‍♀️🏃‍♂️ Unha aventura na que coñecimos outros  deportes que merecen ao igual ca outros ser coñecidos e valorados!
















Ningún comentario:

Publicar un comentario