15 de xuño de 2026

Visita a Casa do Patrón

 Para pechar este curso, realizamos unha excursión moi especial ao Museo Etnográfico Casa do Patrón, en Lalín. Foi unha xornada chea de aprendizaxes, convivencia e diversión, na que puidemos achegarnos ás tradicións e aos costumes da Galicia de antano.

Durante a visita participamos en diferentes obradoiros de arxila, tear e elaboración de pan, nos que tivemos a oportunidade de aprender e experimentar de primeira man algunhas das tarefas e oficios tradicionais.

Ademais, ensináronnos todas as estancias dunha vivenda tradicional galega, descubrindo como vivían as familias, como se organizaban os espazos e que utensilios empregaban no seu día a día anos atràs.

Tamén compartimos un agradable tempo de xantar e de xogo cos nosos compañeiros e compañeiras, gozando dunha xornada de convivencia.

































Ningún comentario:

Publicar un comentario