27 de nov. de 2026

Pinocho🤥

 

Esta semana na aula viaxamos á historia de Pinocho! Lembramos o conto acompañados dun libro proxector e mergullámonos na historia cun teatrillo de marionetas feito con materiais reutilizados: a caixa de froita das nosas merendas, teas doadas e xoguetes de madeira que nos achegou unha familia.

Durante estes días, estivemos traballando co conto de Pinocho, unha historia que nos gustou moitísimo e que nos permitiu aprender e reflexionar sobre moitas cousas.

A través das aventuras deste simpático personaxe, fixemos especial fincapé na importancia de dicir a verdade e ser sinceros. Falamos das mentiras, de como nos sentimos cando mentimos e de como poden afectar ás persoas que nos rodean, facendo referencia tamèn ao conto " A cousa que màis doe do mundo" de Paco Livàn e Roger Olmos que trata esta mesa temática. 

Tamén reflexionamos sobre a importancia de recoñecer os nosos erros, pedir perdón cando é necesario e aprender das cousas que facemos mal. Porque equivocarse non é malo, o importante é ser capaces de recoñecelo e intentar facelo mellor a próxima vez.











Ningún comentario:

Publicar un comentario