Amosando publicacións coa etiqueta PERIODO DE ADAPTACIÓN. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta PERIODO DE ADAPTACIÓN. Amosar todas as publicacións

15 de set. de 2014

PERIODO DE ADAPTACIÓN

O período de adaptación é un proceso moi importante para os nenos e nenas, xa que supón un cambio na súa vida, que implica deixar o mundo familiar para chegar a outro descoñecido onde deberá CONVIVIR, COMPARTIR, ADQUIRIR NOVAS HABILIADADES DE AUTONOMÍA E CONTROL DA SÚA CONDUCTA.
O período de  adapatación é o camiño polo que o neno ou nena vai decidindo, dende o punto de vista dos sentimentos, se a separación lle supón unha perda ou ganancia, para chegar voluntariamente a unha aceptación interna da mesma.
É un camiño: eso implica tempo para camiñalo. Por iso respectamos o ritmo persoal.
Ten que camiñalo, el ou ela, é unha conquista, un proceso persoal e a súa resolución ten que ver co seu mundo interno.
Para os pais e nais ou titores/as, tamén supón un momento de sensacións e sentimentos variados, pola propia experiencia de adaptación e tamén por ter que confiar a responsabiliadade de educar a outras persoas, nós, Bea e Begoña.
Hai que ter especial coidado nestes sentimentos ou sensacións, xa que son transferidos ós cativos e cativas e poden intensificar as dificultades de adaptación.

10 de out. de 2012

PERIODO DE ADAPTACIÓN

A EDUCACIÓN É UNHA TAREFA COMPARTIDA

Durante os primeiros anos de vida, a aprendizaxe dos nenos e nenas mistúrase e confúndese coas súas vivencias, polo que todo o que fan e viven fora do centro escolar ten tanta importancia educativa como o que fan no seu interior.

 A familia é o primeiro contexto de socialización dos cativos e xoga un papel crucial no seu desenvolvemento como persoa.

No seo da familia realizan as súas primeiras aprendizaxes, establecen os seus primeiros e moi importantes vínculos emocionais e incórporanse ás pautas e hábitos do seu grupo social e cultural. Cando un neno asiste a un centro de Educación Infantil, este debe compartir coa familia o labor educativo desenvolto, completando e ampliando as experiencias formativas.

Canto máis estreita e activa sexa a implicación dos pais no proxecto educativo desenvolto arredor dos nenos e nenas no centro educativo, mellares e máis satisfactorios resultarán os efectos sobre eles.

O amor recibido polas persoas na súa nenez pode ser unha fonte de paz de estabilidade para toda a vida.