Amosando publicacións coa etiqueta Lectorescritura. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Lectorescritura. Amosar todas as publicacións

31 de maio de 2020

FICAMOS NA CASA: 7º semana

Ola a toda a xentiña do Ribeiro. Chega Xuño e o día celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente.
Esta conmemoración significa que é necesario reflexionar sobre este tema e decidir que accións podemos facer para protexer e coidar  o planeta Terra.

Cando saímos pasear e nos topamos con plásticos, latas, paquetes de tabaco, envoltorios, botellas, papeis e lixo ciscado. Como nos sentimos? Que facemos?

O problema do lixo non é só unha cuestión estética, que non sexa agradable mirar a natureza emporcallada, se non que todos os residuos que deixamos atrás pasan ao solo e aos poucos van integrándose na terra e contaminando a mesma.
Hai algún tempo que decidimos  asumir a limpeza do Río do Porco.  E conseguimos que o estado actual do río sexa moi saudable. Ao por en valor os espazos naturais conseguimos facer visible o noso territorio e que este sexa respectado. 
Sabedes que no Ribeiro levamos compostando máis de vinte anos? Na actualidade aprendemos moito de como compostar con maior eficienciaControlamos a temperatura do composto, coidamos de darlle volta co berbiquí xigante, cubrimos con  estruturante cada vez que botamos lixo no composteiro e sentimos moita satisfacción por axudar á mellora do medio ambiente.

Bartolo tamén desfruta desta aventura composteira porque recibe unha boa ración de nutrientes que enriquecen  a composición da terra e melloraos cultivos que temos na súa horta.

Lembrades o conto Que podo facer eu? Pois cada quen pode facer algo, reflexionar sobre as nosas accións, pensar ideas e levalas adiante. Se queredes, para empezar podedes inventar lemas, en familia, sobre a protección do Medio Ambiente. Empezamos nós:

QUEN CHE DIXO 
QUE NON TIRARAS O LIXO?

CANDO VAIAS Á PRAIA
NON DEIXES LIXO
E GARDA A TOALLA.












2 de dec. de 2017

E TI, DE QUEN VES SENDO?

 HO reto era atopar a alguén da sua familia antes de que chegaran a recollelos.
Poden buscar pistas que os axuden.
Conseguiron facelo?

Etapa logográfica 

Entre os 4 e 5 anos, aproximadamente, pasan por unha etapa na que poden recoñecer de maneira global algunhas palabras que lle son familiares pola sua disposición, o seu formato ou o contexto onde se producen. Así ocorre con letreiros de algunhas marcas de coches, o seu propio nombre, títulos de debuxos animados, anuncios,  e outras configuracions gráficas que lles podan interesar e coas que teñen  frecuentes contactos.

Neste momento no que establece claras relacions entre a linguaxe escrita e a oral. É precisa a mediación dun adulto que sepa ler e que o inicie no establecimento de tales relacions, facendo XOGOS coas palabras e recoñecendo similitudes e diferencias entre palabras.

Na etapa logográfica, os vosos fillos e fillas ainda son incapaces de segmentar ou descifrar as secuencias gráficas, ainda que xa poda distinguir algunhas letras que xa recoñece, pero si poden compoñelo se se lle ofrecen as letras.

É un erro pensar que, cando se atopa  nesta fase é capaz de leer, ou debemos inícialo cun método que segmente a palabra.

Podemos favorecer a superación desta etapa propoñendo tareas de reconocimiento de etiquetas diferentes, por exemplo, acompañados de apoio visual. 

Unha vez que construe novos coñecementos pasariamos a etapa alfabética.