A escola de Pousada, forma parte do C.R.A plurilingüe de Vilaboa, Consuelo González Martínez.
- HOXE NA ESCOLA
- PROXECTO DA AUGA
- PARA ÁS FAMILIAS
- SAMAÍN
- FESTIVAIS
- CONTOS
- PROXECTO EMOCIÓN-ARTE
- PROXECTO: O NOSO CORPO
- NADAL E OUTRAS CELEBRACIÓNS
- OS CASTELOS
- COÑECE A NOSA ESCOLA
- DIVERSIDADE E EDUCACIÓN EN VALORES
- QUÉ ANIMALADA!
- EDUCACIÓN AUDIOVISUAL
- PROXECTO:ABELLAS
- PROXECTO DA PREHISTÓRIA
- PROXECTO DO UNIVERSO
- PROXECTO ÁFRICA
- Aproximación á LECTOESCRITURA
Amosando publicacións coa etiqueta EXPERIMENTOS b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta EXPERIMENTOS b>. Amosar todas as publicacións
26 de maio de 2022
13 de nov. de 2020
27 de abr. de 2020
FICAMOS NA CASA : 2 semana
Chegan os Maios, unha das festas cíclicas máis importantes do ano, e imos contar algo sobre esta tradición da nosa cultura.
Celébranse para festexar a chegada do bo tempo, o remate do inverno e o desexo de que as colleitas sexan abondosas.
Os maios máis antigos e, polo mesmo tradicionais, teñen forma cónica ou piramidal,rematando cunha coroa ou cun bo ramo.
As letras das cantigas soen ser irónicas e fan referencia a feitos importantes que pasaron ao longo do ano. Estas cantigas son sempre acompañadas con palitroques, ou ,como era antigamente, dando no chan con estadullos ou fungueiros. Quen fai de solista está sempre agochado debaixo do maio, e ata que non remata a estrofa, os demais tan só dan voltas, pero non cantan nin tocan. Despois repítea o coro dando varios palitrocazos antes de comezar.
Unha vez rematado o maio, tírase ao río e a esperar ao seguinte ano.
Hai moita tradición da celebración dos maios en Pontevedra, onde se chegaron a conservar cantigas do século XIX, como esta do ano 1840 que dicía:
Este mes de Maio
é o mes das flores,
cando os paxariños
ven aos seus amores.
Sabedes a razón pola que o primeiro de Maio levamos no coche un ramo de xestas?
Pois todo ten a súa orixe na nosa tradición. Tíñase o costume de chantar unha poliña de xesta florida nas leiras, principalmente na última leira sementada. Tamén enchíanse de xestas os apeiros de labranza e os animais, coa intención de arredar o mal dos lugares onde foran pendurados os ramos. Xa sabedes agora porque o primeiro de maio colocamos un ramo de xestas florido no noso coche.
Imos lembrar como facemos o maio. A estrutura actual do noso maio está feita polo pai e pola avoa de Nara con cana india de Bamio. Unha anécdota moi simpática: no momento de sacar o maio para fóra de Luceira, este non collía pola porta pero xa coñecedes o dito de a un problema....mil solucións de xeito que o maio chegou sen problemas a Serpentina para que as familias o vestiran.
Para vestir o maio primeiro, faise unha saia, dúas saias, tres saias...as que sexan necesarias para cubrilo todo de cor verde, con iris, fiuncho ou xestas. En cestas, caldeiros e caixas están preparadas as flores necesarias para engalanalo. E taménos colares de millo-gardados no conxelador dun ano para outro co fin de que non lle ataque o becho- os colares de carrabouxos, os colares de ovos, os colares de laranxas, os colares de flores de cardo, todo aquilo que se nos ocorra encanar parapoñer arredor do maio.
Mentres a xente grande elabora o maio, un grupo de crianzas repasa as flores para que estas queden cortadas a rente. Non se pode encetar o traballo ata non ter todo listo: os grupiños arredor das cestas de Pampullos ou Bugallóns con agulla e fío en man tecen ao seu ritmo os seus colares e coroas que logo visten para poder cantar as coplas, non esquecendo nunca que hai que meter as flores pola parte de abaixo, a que está pegada ao talo da flor.
Unha vez feito, botámonos a cantar ao berro de aí ven o maio !
Para que as coplas sexan cantadas, pódense meter dentro do maio cantas veces desexen durante a primeira semana de Maio. Logo en lugar de botalo ao río, como manda a tradición, espímolo e reciclámolo, tirando os restos orgánicos no composteiro, enriquecendo a tradición coa defensa do medio ambiente.
Cada maio, como cada ano da vida é diferente e tamén o son as coplas que cantamos con distinta melodía segundo o lugar onde se canten. As de Vilaboa non se cantan coma as de Redondela, Pontevedra ou outros lugares de Galicia.
Este ano temos que celebrar os vinte cinco anos dos Maios das nenas e nenos da escola do Ribeiro e felicitar á toda a xente que leva colaborando para que esta tradición non se perda nunca. Grazas!
Ideas para facer este maio diferente dentro da casa. Podemos facer mini maios con diferentes materiais naturais ou de reciclaxe, como se vos ocorra.
Os colares e coroas, se non conseguides pampullos ou flores, podedes tamén facelos con materiais alternativos.
Lembrade que coas flores que nos sobraban podiamos escribir os nomes, facer camiños, instalacións artísticas e unha chea de cousas. Pois animádevos, que resulta unha experiencia moi agradable.
Unha vez que as flores xa estaban secas, quitabamos as pétalas e aparecía unha especie de maio pequeno na corola da flor que era moi bicudiño e xogabamos a comprobar como pinchaba. Agora é o momento de voltar a comprobar ese feito.
Reto: pensades que os bugallos ou carrabouxos son un froito dos carballos? Investigádeo e, de paso, se alguén é habilidoso, pode facer un asubió como fixeraXián co seu pai hai algún anos.
Agora ao comunicarnos polo Blog só unha vez á semana, teredes que ir mandando as actividades aos poucos. Desfrutade e seguimos onde sempre estamos: ao voso lado.
FELIZ MAIO 2020
2 de abr. de 2020
QUÉDATE NA CASA:12p proposta
De novo a media lúa pasea na noite pecha. Neste intre está medrando. Se hai sorte e non veñen moitas nubes poderemos mirala chea o vindeiro xoves 23 de abril, Día do Libro.
Seguimos na primavera. Hai días que vos queriamos comentar algo. Se tendes preto unha árbore ou arbusto de folla caduca que estea agromando prestádelle atención todos os días e comprobaredes como vai medrando. Podedes tamén facer doutro xeito, observar outra árbore ou arbusto que tamén estea a agromar, gardades a imaxe na caixiña da memoria e, pasado un pouco de tempo, 13 ou máis días, volvédelo mirar. Comparade as dúas experiencias, son moi diferentes e interesantes. Cal vos sorprenderá máis?
Desfrutade deste poema que Xosé María Álvarez Blázquez escribiu para a súa filla Colorín :
O AÑO PITAÑO
VAI NO PARAÑO.
A CABUXA LUXA
MARCHOU ONDA A BRUXA.
O GATO CEGATO
FUXIU AO BURATO.
O COELLO VELLO
ANDA NO CORTELLO.
O RATO RALO
RUBIUSE NO VALO,
I A GALIÑA TIÑA
ESTÁ NA COCIÑA.
ANDA NENIÑA,
DÉIXAOS ESTAR,
E IMOS BRINCAR
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



















































