Amosando publicacións coa etiqueta MATISSE. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta MATISSE. Amosar todas as publicacións

20 de mar. de 2014

A DESNUDANZA

"A Desnudanza" un novo título para este cadro de Matisse, fauvista, que representa a liberdade.
Analizamos as cores utilizadas e o feito de non haber mixturas e xogamos a buscarlle novos nomes ao cadro. Entre "A Verdanza" e a "desnudanza" este último foi o que máis nos gustou.






12 de feb. de 2014

AS FOLLAS OU ALGAS DE MATISSE

Estivemos poñendo nome a este cadro de Matisse e despois o coloresmos utilizando as mesmas cores que o pintor.
Os nosos títulos:
ALGAS
ARBUSTO
FOLLAS EN PRIMAVERA
FOLLAS DE CORES
MANS DE CORES
COPA DA ÁRBORE
CORES







20 de xan. de 2014

ÍCARO

Estivemos observando e admirando este cadro de Matisse. Escoitamos a historia de Ícaro e axudounos a entender o cadro, atopamos nel un corazón acelerado pola caida cara o mar e nos aventuramos a facer a nosa versión do cadro.

Ícaro, fillo de Dédalo, estaban nunha illa, e recibiron  unhas ás de cera para poder voar. O seu pai lle dixo que non se achegase ao sol , pois as ás derritirianse pero Ícaro entusiasmado por poder voar subiu e subiu ata que o sol derretiu a cera, e acabou caíndo ao mar.

Aquí podedes ver as nosas produccións.

13 de xan. de 2014

O CARACOL DE MATISSE

Despois de analizar e falar sobre este cadro fixemos ás nosas propias produccións.
Aquí están algunhas delas.




9 de out. de 2013

O OUTONO DE MATISSE

Manipulamos, clasificamos,tocamos, ulimos, sentimos e experimentamos coas follas que fomos traendo. Achegamonos a un cuadro de Matisse que nos lembra as follas, asi que quixemos facer o noso cuadro propio con estampación de follas utilizando as mesmas cores que o pintor. Tamén nos aventuramos a facer pegadas de follas. Seguiremos a experimentar!