Amosando publicacións coa etiqueta Letras galegas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Letras galegas. Amosar todas as publicacións

17 de maio de 2020

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2020

Hoxe, 17 de Maio, celébrase desde o ano 1963 O Día Das Letras Galegas, adicado a unha figura significativa da literatura galega. Cen anos antes, en 1863, publicárase a primeira edición de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro. Este ano está adicado ao escritor ferrolán Ricardo Carballo Calero(1910-1990). A homenaxe quedou posposta para o vindeiro 31 de Outubro.

A celebración deste día lémbranos a existencia dunha lingua propia que debemos respectar e coidar. O uso lingua en todos os ámbitos da nosa vida axuda a mantela viva

Desde O Ribeiro tentamos coidar cada día a nosa lingua, recollendo os topónimos da memoria da xente: O Mato da Noghalla, As Cecañeiras, O Pumariño, O Orxal, O Barreiro, O Burghado, A Cavada Vella, A viña Nova, As Codeseiras, O Camiño do Cardal, A Bichoa, As Maceiriñas, A Laxe, O Caeiro, O Rodondal........e tantos outros topónimos que fornecen a nosa fala dunha identidade propia e que nos gardamos como un tesouro para as vindeiras xeracións.






Grazas Antón!!




10 de maio de 2020

FICAMOS NA CASA:4º semana


A Lúa encheuse de novo e adormeceu tapada cun edredón de cadradiños azuis.Imos da man de Maio  paseando entre bechos, flores e árbores . Neste tempo, a natureza enche a casa de cor.
Esta semana achegarémonos ao universo das árbores para saber algo máis  da súa vida. Se as medimos arredor saberemos que aproximadamente  2´5 centímetros equivalen a un ano de vida. Hai excepcións, posto que algunhas medran con máis ou menos rapidez. 

Animádevos a medir a nosa araucaria? Cantos anos pensades que ten? Non esquezades levar con vós a fita métrica. Podedes comparar a medida da maceira, da laranxeira, do loureiro, da photinia, das moreiras ( medirán o mesmo as dúas ?),da camelia, da tulla.......das vosas árbores.

Sabiades que a maior parte de Galiza e de Europa chegou a estar cuberta por bosques? Ao longo de milleiros de anos a intervención humana sobre o territorio mudou profundamente a paisaxe.

ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza), na edición dun calendario do ano 2004 sobre as nosas árbores, vincula a natureza e a lingua no seguinte texto:
A diversidade cultural e  lingüística son elementos da diversidade da vida no noso planeta. Galiza enriquece o patrimonio da Humanidade coa achega da súa cultura e linguas propias. Manter vivo o galego na nosa terra, como conservar os nosos bosques  e a nosa natureza en xeral, é unha obriga e unha responsabilidade colectiva e individual de todas e todos nós.

A defensa dos bosques autóctonos é  necesaria para manter  a diversidade no planeta. Imaxinades que toda a humanidade mirara as mesmas paisaxes? Que todo fora igual? Lembrades o que nos contou Berto sobre o coidado das árbores e as especies invasoras que poñen en perigo as especies propias dun territorio?

Ademais das árbores que debemos coidar hai outro tesouro,  que forma parte denós e que temos que protexer, que é a lingua. Esta reflicte a maneira de relacionarnos coa terra e coa xente enriquece a diversidade cultural. A nosa realidade, a de cada quen, é única, a diversidade é algo natural mentres que, en palabras do profesor Ferro Ruibal ,”a uniformidade non é unha tendencia natural senón un artificio que se mantén só durante algún tempo.”

Nós imos xogar en parellas coas palabras  da nosa lingua e coas árbores de Patureza.
Se queredes, podédelas gardar na caixa da memoria e recitalas coma as coplas dos maios para enriquecer a vosa vida e, polo tanto, a de toda a comunidade da que formamos parte.

DESFRUTADE DOS PASEOS POLA NATUREZA.
PARABÉNS POLO VOSO COMPROMISO NA EDUCACIÓN DAS VOSAS FILLAS E FILLOS.

ÁRBORES EMPARELLADAS

DA NOSA GRAN ARAUCARIA
COIDAN SEMPRE OLMO E ARIA.
SON DÚAS: lEIRE E VALERIA
AS QUE MIMAN A CAMELIA.
DOUS BONSAIS DE SALGUEIROS
ADORADOS POR IRMÁNS.
ISAAC  DA MAN DE ARIANA
E JOSUÉ CON NAIRA DAS MANS.
MORAS DA MOREIRA COMÍAN
CRISTIAN E XIANA  NOITE E DÍA.
CLOE AMA A LARANXEIRA,
BERNARDO E KIKE Á SÚA BEIRA.
LÉVALLE NARA FOLLAS A DARÍO
DA MOREIRA, NON DO RÍO.
MACEIRA PODA BERTO
CON LEO E SARA MOI PERTO.
PEXEGOS DOS PEXEGUEIROS
XOEL E SAÚL PAPAN ENTEIROS.
AO LOUREIRO DE CHARCAUGA
MARTIÑO E DANI BÓTANLLE AUGA.
LUNA VÉSTESE DE  MAGNOLIA
ARIADNA DA SÚA COLONIA.
PABLO CO SEU AMIGO ANTÓN
LEVAN A TULLA  NO CAMIÓN. 







E ademáis esta semana dende a dinamización da língua galega animamos os a...


 






30 de maio de 2013

28 de maio de 2013

FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS




 Recital de poemas e interpretación de " Timoteo".



Despedimos aos golfiños, gavotiñas e demais compañeiros e compañeiras que deixan o C.R.A para o vindeiro curso.

23 de maio de 2013

ÚLTIMOS PREPARATIVOS PARA O FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS.

Ultimos preparativos. Ás 10´30 horas iniciamos o festival, actuando Pousada en primeiro lugar.

 Aprovetade para visitar a Exposición de xoguetes de refugallos.!.

Mañán esperamosvos!.

18 de maio de 2013

ROBERTO VILAR BOLAÑO



 Roberto Vilar Bolaño naceu en Santiago de Compostela en 1970 e faleceu na mesma cidade en 2002. Formou parte do "Grupo Abrente".  Foi un home de teatro, comprometido co país e coa língua galega, caracterizando a sua produción pola experimentación estética e o diálogo coa tradición.
Traballou en todos os ámbitos da produción teatral: direccion, actor, guionista, iluminador,etc.
Asúa forte personalidade deixou pegada nos dramaturgos máis novos pois a sua figura e obra foron fundamentais na construcción dun tearo nacional galego.

Os nenos e nenas de Pousada achegaronse á sua figura e estas son algunhas das suas producións:  coa nariz de paiaso que dicia poñer para "molestar", co seu chapeu tan caracteristico, do que nunca de desfacia e no teatro.

Lembrade que o Festival das Letras Galegas o celebramos o venres, 25 de maio.

14 de maio de 2013

MEU O MUNDO É!

 

Celebramos a semana das Letras Galegas e vos presentamos este estupendo video.