Amosando publicacións coa etiqueta Familia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Familia. Amosar todas as publicacións

10 de maio de 2020

FICAMOS NA CASA:4º semana


A Lúa encheuse de novo e adormeceu tapada cun edredón de cadradiños azuis.Imos da man de Maio  paseando entre bechos, flores e árbores . Neste tempo, a natureza enche a casa de cor.
Esta semana achegarémonos ao universo das árbores para saber algo máis  da súa vida. Se as medimos arredor saberemos que aproximadamente  2´5 centímetros equivalen a un ano de vida. Hai excepcións, posto que algunhas medran con máis ou menos rapidez. 

Animádevos a medir a nosa araucaria? Cantos anos pensades que ten? Non esquezades levar con vós a fita métrica. Podedes comparar a medida da maceira, da laranxeira, do loureiro, da photinia, das moreiras ( medirán o mesmo as dúas ?),da camelia, da tulla.......das vosas árbores.

Sabiades que a maior parte de Galiza e de Europa chegou a estar cuberta por bosques? Ao longo de milleiros de anos a intervención humana sobre o territorio mudou profundamente a paisaxe.

ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza), na edición dun calendario do ano 2004 sobre as nosas árbores, vincula a natureza e a lingua no seguinte texto:
A diversidade cultural e  lingüística son elementos da diversidade da vida no noso planeta. Galiza enriquece o patrimonio da Humanidade coa achega da súa cultura e linguas propias. Manter vivo o galego na nosa terra, como conservar os nosos bosques  e a nosa natureza en xeral, é unha obriga e unha responsabilidade colectiva e individual de todas e todos nós.

A defensa dos bosques autóctonos é  necesaria para manter  a diversidade no planeta. Imaxinades que toda a humanidade mirara as mesmas paisaxes? Que todo fora igual? Lembrades o que nos contou Berto sobre o coidado das árbores e as especies invasoras que poñen en perigo as especies propias dun territorio?

Ademais das árbores que debemos coidar hai outro tesouro,  que forma parte denós e que temos que protexer, que é a lingua. Esta reflicte a maneira de relacionarnos coa terra e coa xente enriquece a diversidade cultural. A nosa realidade, a de cada quen, é única, a diversidade é algo natural mentres que, en palabras do profesor Ferro Ruibal ,”a uniformidade non é unha tendencia natural senón un artificio que se mantén só durante algún tempo.”

Nós imos xogar en parellas coas palabras  da nosa lingua e coas árbores de Patureza.
Se queredes, podédelas gardar na caixa da memoria e recitalas coma as coplas dos maios para enriquecer a vosa vida e, polo tanto, a de toda a comunidade da que formamos parte.

DESFRUTADE DOS PASEOS POLA NATUREZA.
PARABÉNS POLO VOSO COMPROMISO NA EDUCACIÓN DAS VOSAS FILLAS E FILLOS.

ÁRBORES EMPARELLADAS

DA NOSA GRAN ARAUCARIA
COIDAN SEMPRE OLMO E ARIA.
SON DÚAS: lEIRE E VALERIA
AS QUE MIMAN A CAMELIA.
DOUS BONSAIS DE SALGUEIROS
ADORADOS POR IRMÁNS.
ISAAC  DA MAN DE ARIANA
E JOSUÉ CON NAIRA DAS MANS.
MORAS DA MOREIRA COMÍAN
CRISTIAN E XIANA  NOITE E DÍA.
CLOE AMA A LARANXEIRA,
BERNARDO E KIKE Á SÚA BEIRA.
LÉVALLE NARA FOLLAS A DARÍO
DA MOREIRA, NON DO RÍO.
MACEIRA PODA BERTO
CON LEO E SARA MOI PERTO.
PEXEGOS DOS PEXEGUEIROS
XOEL E SAÚL PAPAN ENTEIROS.
AO LOUREIRO DE CHARCAUGA
MARTIÑO E DANI BÓTANLLE AUGA.
LUNA VÉSTESE DE  MAGNOLIA
ARIADNA DA SÚA COLONIA.
PABLO CO SEU AMIGO ANTÓN
LEVAN A TULLA  NO CAMIÓN. 







E ademáis esta semana dende a dinamización da língua galega animamos os a...


 






2 de dec. de 2017

E TI, DE QUEN VES SENDO?

 HO reto era atopar a alguén da sua familia antes de que chegaran a recollelos.
Poden buscar pistas que os axuden.
Conseguiron facelo?

Etapa logográfica 

Entre os 4 e 5 anos, aproximadamente, pasan por unha etapa na que poden recoñecer de maneira global algunhas palabras que lle son familiares pola sua disposición, o seu formato ou o contexto onde se producen. Así ocorre con letreiros de algunhas marcas de coches, o seu propio nombre, títulos de debuxos animados, anuncios,  e outras configuracions gráficas que lles podan interesar e coas que teñen  frecuentes contactos.

Neste momento no que establece claras relacions entre a linguaxe escrita e a oral. É precisa a mediación dun adulto que sepa ler e que o inicie no establecimento de tales relacions, facendo XOGOS coas palabras e recoñecendo similitudes e diferencias entre palabras.

Na etapa logográfica, os vosos fillos e fillas ainda son incapaces de segmentar ou descifrar as secuencias gráficas, ainda que xa poda distinguir algunhas letras que xa recoñece, pero si poden compoñelo se se lle ofrecen as letras.

É un erro pensar que, cando se atopa  nesta fase é capaz de leer, ou debemos inícialo cun método que segmente a palabra.

Podemos favorecer a superación desta etapa propoñendo tareas de reconocimiento de etiquetas diferentes, por exemplo, acompañados de apoio visual. 

Unha vez que construe novos coñecementos pasariamos a etapa alfabética.