Amosando publicacións coa etiqueta ALIMENTACIÓN a. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ALIMENTACIÓN a. Amosar todas as publicacións

24 de maio de 2018

ALIMENTACIÓN SÁ


Dúas mesas, dúas preguntas, e distintos tipos de alimentos:

Tres nenos elexíron a bollería como saudable e o resto de nenos e nenas os amorodos.
Un neno preguntou polo azucre e aproveitamos para explicarlle a cantidade de azucre da bollería e zumes de brick.
A máis da metade elexíron os amorodos como Merenda preferida.

8 de out. de 2017

GALLETELIAS


Unhas deliciosas galletas , feitas na casa, que compartiu con todos os nenos e nenas e que nos encantaron.

7 de out. de 2017

MARMELOS E MARMELADA

Seguimos a identificar os froitos típicos do OUTONO , esta vez  da Terra de Cerdedo chegaron estes marmelos que observamos con atención para non confundirlos con mazás, con eles , e grazas a colaboración dunha familia que elaborou o MARMELO podemos levar cadanseu anaco para casa.
Na escola fixemos unha degustación con queixo, tod@s tivemos que facer a serie de dous elementos ( marmelo-queixo), e semella que foi todo un éxito. 





22 de xuño de 2016

LIBRO DA FROITA 2013-16

Neste libro podedes observar a evolución dos vosos fillos e fillas na representación da realidade mediante o debuxo, sen interferencias do adulto senón pola sua asimilación de conceptos como tamaño, cor, forma, etc.
Na parte que ten relación coa lectoescritura , comezamos coa identificación de nomes das froitas e posterior escritura , respectando o seu momento evolutivo pero potenciando o seu avanze.
A busqueda de información tamén é necesaria ao longo destes tres anos de realización do libro xa que poden utilizar diccionarios visuais adaptados a sua edade, libros de froitas confeccionados na escola, tarxetas de alimentos, tarxetas do día da semana e mes para completalo. ë un traballo que realizan individualemnte pero coa axuda do equipo, sendo o coordinador ou coordinadora o responsable de que todo o equipo remate a tarefa e asi mesmo o encargadoou encargada  de material debe ter no centro da mesa todo o material preciso para realizar o traballo, por último o encargado ou encargada de posicións debe asegurarse de que todos os membros do equipo estan ben sentados e collen os útiles do modo axeitado, polo que tamén potenciamos a responsabilidade dos no alumnado, o traballo individual en equipo e a aprendizaxe entre iguais .