1 de mar. de 2020

BAILARÍNS E BAILARINAS

Nacemos predispostos para o baile. Son movementos que lles provocan placer e que van acompañados dunha sorisa, coa ventaxa engadida de que deixanse levar e non senten ningunha vergoña. A propia desinhibición  permitelles disfrutar do baile con maior libertade.

Beneficios do baile libre:
Favorece o exercicio cardiovascular, fortalece os músculos e mellora a elasticidade e o sentido do equilibrio. 
Favorece a coordinación, a memoria e a concentración. Os movemento repetitivos e a intención de facer pasos coordinados que acompañen á melodía é un gran estímulo para o desenrolo psicomotor da crianza . Permitelle ter un maior  coñecemento do seu propio esquema corporal.
Adquirir sentido do ritmo e oído musical, e desde o punto de vista social,axuda a desinibirse, á sociabilización.
Mellora a autoestima, libera tensions e fortalece a confianza en sí mism@.
  

Ningún comentario:

Publicar un comentario