Sabedes que remata hoxe?
Xa escoitamos máis dunha voz dicir a resposta que non é unha única se non que son moitas e moi variadas e todas elas levan unha parte da vosa verdade. Non sei se sabedes que as persoas, ao preguntar algo, esperamos escoitar unha determinada contestación. Neste caso concreto a resposta esperada é que xa remata o mes de Marzo.
Marzo marzán
á mañá cara de can.
Ao mediodía sol de raíña,
e á noite, corta coma unha fouciña.
Aínda que parece que o tempo dos vindeiros días vai seguir sendo un pouco marciano.
Hoxe, 31 de Marzo, para o grupo de Bea ía ser un día emocionante e diferente, pois estaba previsto atravesar a ría para visitar a Escola de Cesantes, onde iades coñecer as vosas parellas virtuais: Xela, Elena, Enzo , Violeta, Sara......e así ata chegar ao número 17. Elia, que foi escollida por Xoel como parella, xa o fora o curso pasado, cando Xoel era un porquiño que seguía coa mirada e co seu espírito a Elia por todas partes,Elia que miraba por Xoel como se da súa propia sombra se tratase. Unha relación singular, propiciada pola organización do grupo en parellas de iguais, escolla pedagóxica que permite relacións únicas e dunha riqueza inimaxinable. Enviounos non só os nomes da súa xente de Cesantes senon a relación das idades de todo o grupo.
Elia, que está dentro de AMELIA, vaivos descubrir que dentro dos vosos nomes, lendo do revés-como no conto de Ganapán das palabras – ou trocando de lugar as letras que compoñen os nomes, aparecen outros novos dos que descoñeciamos a existencia. Velaí a relación, que non é única e sempre se pode enriquecer:
ANTÓN- TONA ; CLOE -CEO; ISAAC-CASA;SAÚL- LÚAS; XOEL- XEO; ARIADNA- NADAR;
VALERIA-LEVARÍAN; CRISTIAN-TRISCAN; LEIRE-LER; DARÍO-RÍO; LUNA-LÚA; OLMO-MOL;
SARA-ARAS; NARA-ARAN; PABLO-POLA; KIKE-EI; ARIANA-NARA; DANI-NAI e XIANA-XÍA.
Ningún comentario:
Publicar un comentario