A Lúa segue a xogar a desaparecer e a aparecer. Cando viaxamos no coche e chega a noite a Lúa acompáñanos ata chegar ao noso destino. Estes días tamén as nubes xogan a tapar o Sol e podemos xogar ao ves e non o ves.
Esta semana na que parece que non vai chover, podemos aproveitar un momento da noite e saír ao exterior para contemplación do ceo e descubrir as constelacións. Tentar descubrir ao Xigante Orión, a Casiopea, as Pleiades, a Osa Menor, a Osa Maior, e todas as estrelas e que a vosa mirada alcance.
Sabedes que a Terra é o planeta onde vivimos. Ten un planeta natural que é a Lúa, que orbita ao deu redor. O Sol é a estrela ao redor da que gravita a Terra e a principal fonte da nosa enerxía. Debido ao seu tamaño e distancia respecto da Terra, a Lúa e o Sol son os únicos astros que a simple vista teñen extensión, presentando unha forma que provoca que os vexamos como os obxectos máis brillantes do ceo, en lugar de simples puntos brillantes como vemos os outros astros.
A información anterior procede dunha astrofísica que se chama Ana Ulla, que é a nai de Manolo, un neno que coma vós viviu unha parte da súa infancia no Ribeiro e deixou alí a súa pegada. Ana Ulla viu á escola en distintas ocasións para compartir os seus coñecementos con nós e co seu telescopio puidemos observar os cráteres da Lúa e logo facer un experimento para observar a formación dos mesmos.
O universo está fóra e é observado desde dentro de nós cunha ollada única que vai conformando a nosa visión do mundo.
A escola é dentro e fóra, é un lugar onde collemos todas e todos. Sen a participación e a implicación das familias non sería posible educar ás crianzas.
A Lúa e o Sol son temas tratados na creación poética. Aí tendes un poema que o poeta José Agustín Goiyisolo lle escribiu a súa filla Xulia para que collera o sono:
A BERCEUSE DE XULIA
Os nenos van pola terra
e as nenas polo mar.
Polo sono ninguén vai.
Ninguén ninguén ninguén.
Polo soño ninguén.
Os nenos pola ribeira
e as nenas pola auga.
Polo soño nada.
Nada nada nada.
Polo soño nada.
e as nenas pola Lúa.
Polo soño Xulia.
Xulia Xulia Xulia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario