20 de feb. de 2014

XOGAR É UN PLACER IMPRESCINDIBLE PARA ÁS CRIANZAS

Na escola se queremos ser coherentes e dar resposta ao momento evolutivo das crianzas, teremos que dar espazo e tempo ao xogo, sabendo canto o precisan e canto lle serve para disfrutar, relacionarse, aprender e ensaiar a vida.
Maricarmen Diez Navarro. “ 10 ideas claves. La educación infantil”.


Xogar é unha cousa moi seria para unha nena pequena e un neno pequeno, porque o xogo é necesario e vital, é sinal de saúde e desempeña un papel de conexión e ponte dende o placer ata a realidade
Xogando as nenas e os nenos séntense libres, adquiren seguridade, coñecen o seu corpo, as suas posibilidades de movemento, poñen palabras ás suas accións, van dominando a realidade física ao seu alcanze e van captando os sentimentos e emocións dos demais. Xogando van aprendendo, gañando habilidades e entendendo como funcionan as cousas e porqué ”.


 “Para os seus xogos a nena e o neno rodeanse de obxecto cotiás, de elementos da natureza, de productos da imaxinación e, claro está, de xoguetes que lle ofrecen compañía, identificacións e afecto. Axudanlle a elexir, decidir e dominar os seus xogos. Un xoguete na man dunha nena ou neno convírtese nun compañeiro ás suas espensas, nun obediente intermediario entre a súa realidade interna e o mundo exterior por coñecer, ensaiar e onde sentirse seguro ou segura”.

 “Os xogos estimulan o desenrolo intelectual desde as capacidades motrices ata a linguaxe e a capacidade de simbolización, asi como os hábitos necesarios para o crecemento e a aprendizaxe: perseverancia no esforzo, tolerancia á frustración, concentración e risco para explorar e imaxinar

 “Se ten poucos xoguetes ou nun momento dado ningún, o desexo de xogar é tan imperioso que impulsa á nena e ao neno a ter que inventalo , e ese movemento lúdico e creativo será a crianza non unha fonte de placer  senón unha base de futuras creacións, o xenerador dos seus pensamentos.”

 “ Os nenos adoitan ser nomeados como campeóns, machotes, brutos ou valentes e teñen que xogar con coches, pelotas ou espadas e ás nenas teñen que sentirse representadas por calificativos como: princesa, doces, presumidas ou tranquilas,  e xogar con monecas, casa ou cociñas. Estas palabras e estes comportamentos asignados marcan unhas respostas estándar que tamén son ás esperadas na sociedade e que perpetúan certas actitudes e prácticas”.






Textos traballados na xuntanza de familias, na que realizamos unha sesión de traballo cooperativo en equipo.


VISITA Á BIBLIOTECA PÚBLICA DE PONTEVEDRA

Os polbiños e porquiños disfrutaron da sua primeira viaxe en autobus a Pontevedra para visitar a biblioteca onde lles contaron o conto de Cocorico.












19 de feb. de 2014

Achegase o entroido!.

Hoxe, xoves, ás familias que desexen e podan colaborar no obradoiro para o entroido deberán falar con Bea ou Begoña.
Lembrarvos que os nenos e nenas deberán traer ropa negra para a elaboración do traxe, co nome o antes posible.
Grazas, familias!.

13 de feb. de 2014

CONSTRUIMOS


Cos xogos de construcción conseguimos mellorar a coordinación óculo-manual e a motricidade fina dos nosos nenos e nenas e por suposto a creatividade.
Construíndo desenrolan as  suas habilidades motrices manipulando as pezas, axudalles a adquirir conceptos espaciais como eo volumen, grande-pequeno, alto-baixo, curto-longo, formas xeométricas, así como a adquisición  dalgunas nocións máis complexas como é o equilibrio, a simetría ou resitencia.
Os xogos de construcción contribuen  a que o neno ou nena sexa máis organizado, pois o xogo fai que teña que ordear e a clasificar as pezas.
Ademáis dos beneficios para o seu desenrolo motriz e intelectual, favorece o desenrolo cognoscitivo e emocional ( aceptación de normas, xogo cos iguais, aprender a ceder, a compartir...).











12 de feb. de 2014

PORQUE ME CHAMO...?

O libro segue viaxando polas casas...




AS FOLLAS OU ALGAS DE MATISSE

Estivemos poñendo nome a este cadro de Matisse e despois o coloresmos utilizando as mesmas cores que o pintor.
Os nosos títulos:
ALGAS
ARBUSTO
FOLLAS EN PRIMAVERA
FOLLAS DE CORES
MANS DE CORES
COPA DA ÁRBORE
CORES