Na escola se queremos ser coherentes e dar resposta ao
momento evolutivo das crianzas, teremos que dar espazo e tempo ao xogo, sabendo canto o precisan e canto lle serve para
disfrutar, relacionarse, aprender e ensaiar a vida.
Maricarmen Diez Navarro. “ 10
ideas claves. La educación infantil”.
“Xogar é unha cousa moi seria para unha nena pequena e un neno pequeno, porque o xogo é necesario e vital, é sinal de saúde e desempeña un papel de conexión e ponte dende o placer ata a realidade”“ Xogando as nenas e os nenos séntense libres, adquiren seguridade, coñecen o seu corpo, as suas posibilidades de movemento, poñen palabras ás suas accións, van dominando a realidade física ao seu alcanze e van captando os sentimentos e emocións dos demais. Xogando van aprendendo, gañando habilidades e entendendo como funcionan as cousas e porqué ”.
“ Os nenos adoitan ser nomeados como campeóns, machotes, brutos ou valentes e teñen que xogar con coches, pelotas ou espadas e ás nenas teñen que sentirse representadas por calificativos como: princesa, doces, presumidas ou tranquilas, e xogar con monecas, casa ou cociñas. Estas palabras e estes comportamentos asignados marcan unhas respostas estándar que tamén son ás esperadas na sociedade e que perpetúan certas actitudes e prácticas”.
Textos traballados na xuntanza de familias, na que realizamos unha sesión de traballo cooperativo en equipo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario