Hoxe desfrutamos dunha instalación con temática de outono. Participamos en actividades como a elaboración propia de cogomelos con barro e elementos naturais como son os paos. Tamèn debullamos o millo corvo da nosa horta, pelamos e cortamos mazàs da nosa maceira, esfollamos as cañas do noso millo.
Habìa unha proposta de observación diferentes elementos do outono: millo, follas, cabaza... Co microscopio para logo poder representalo por medio do debuxo.
E tamèn nesta instalación puideron desfrutar xogando cun minimundo moi outonal.
Por último cada neno e cada nena plasmaron a súa experiencia na instalación por medio dun debuxo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario