Hoxe na escola aproveitamos que xa estamos inmersos na primavera e utilizamos diferentes elementos da natureza para realizar unha instalacion que resultou moi divertida.
Neste proxecto tivemos diferentes ambientes
Auga, Terra e Aire
Cada neno e nena escolleu libremente por onde moverse e experimentar cos diferentes materiais que se ofrecian. Algunhas invitacións ó xogo foron:
- camiño sensorial
- creación de pigmentos naturais
- xogo simbólico con animáis dos diferentes ecosistemas
- xogo con auga e motricidade fina retirando os plásticos do noso mar.
- pintura con auga: xeo, pulverizadores…
- liberación de animais en xeo
- experimentación co movemento do aire: cintas, plumas, ventiladores manuais, pompas, globos…
Ningún comentario:
Publicar un comentario