8 de mar. de 2023

8M INSPIRACIÓN MUV

Conmemoramos o día da muller partindo dunha das obras presentes no MUV: Sara con espejo. Comezamos reflexionando e dialogando sobre o corpo, as suas partes, a diversidade… e tamén sobre a imaxe e os estereotipos. Deste diálogo xurdiron cousas moi interesantes. Logo quixemos dar visibilidade as mulleres da escola representando esa mesma obra, un traballo que tamén implicou poñer atencion na lugar, o ángulo, a luz…  sendo eles os propios fotógrafos. O propio día ademáis debuxamos o símbolo da muller para acompañar a exposición e levamos para casa unha pulsera violeta. 

Nesta mesma semana anticipámonos a visita realizada da exposición das mulleres do mar no centro cultural, achegándonos a praia a coñecer e visibilizar o traballo das mariscadoras. Foi neste lugar onde puidemos desfrutar dun contacontos especial con Carmen Domecq, tres obras para traballar esta temática: “Rosa caramelo” “Artur e Clementina” e “Yo voy conmigo”. 

Unha actividade moi completa que une varias liñas de traballo e proxectos nos que participa o centro. 























Ningún comentario:

Publicar un comentario