5 de xul. de 2020



Bo día:  
polbiñas (NARA e ARIANAe porquiña (SARA); 
peixiñas (VALERIA, LEIRE e LUNA) e golfiñas (NAIRA, CLOE e ARIADNA);
polbiños ( KIKE e JOSUÉ) e xoaniñas (XOEL, ARIA, SAÚL, LEO, XIANA e MARTIÑO );
gavotiña (ANTÓN) e porquiños (DANI, OLMO, PABLO e CRISTIAN);
peixiño (DARÍO) e golfiños (BERNARDO e ISAAC).

Este foi o inicio da primeira comunicación que tivemos entre a escola e a casa hai algún tempo. Era a mediados de Marzo e pouco sabiamos do que ía pasar. Aquí estamos e chegamosata aquí, collidos da man da escola e da casa e no medio están as vosas fillas e fillos que é o que nos xunta, o verdadeiramente importante. Sabemos que o respecto polas súas vidas é primordial para o seu desenrolo como persoas, lembramos que elas e eles non son aquilo que nóqueremos que sexan senón que teñen a súa propia maneira de estar no mundo, a súa propia mirada que nos enriquece en cada instante.

Durante os primeiros días, nas comunicacións que subiamos ao blog, había ao final do texto unha reflexión sobre a necesidade e a importancia do xogo.  Animámosvos a que volvades a reler en calquera momento esas citas e a quereflexionedes sobre as mesmas. O blog é algo vivo, como a escola é  viva, o que nos permite andar para adiante e para atrás, revisar, equivocarnos, adiviñar, soñar, construírnos como persoas críticas.
Todas as experiencias que compartimos neste tempo incertxa forman parte de nós e nos permitirán  comprender algo máis do que está por vir.

Seguimos  navegando nun barco de infancia. Nun futuro inmediato subirán no peirao de San Adrián máis nenas e nenos. E a tripulación que, xa está preparada,embarcará nalgún barco pirata para navegar por océanos infinitos  en compaña de diferentes embarcacións que xa habitan os océanos.

VÉMONOS NO RIBEIRO!


Ningún comentario:

Publicar un comentario